E a época do Medievo apoderouse de Camariñas. Alomenos durante os días centrais do mes de xullo do Ano do Noso Señor do 2012 e para elo contou cun número variado de mercaderes, alquimistas, curtidores, soldados de fortuna, unhas cantas ocas e pavos, uns burriños e ata de algún camello e dromedario, posiblemente os primeiros da historia en recalar na Vila das Palilleiras, que provocararon, ante tan súbita e inesperada aparición que algún canciño impetinente e ladrador que visitaba da man do seu amo o Mercado Mariñeiro Medieval fuxira espantado, co rabiño canino metido ata o fondo das patiñas. Con todo, os invasores nun xesto magnánimo digno de agradecer decidiron agasaxar ao pobo de Camariñas pola espléndida acollida que están a recibir ca elaboración dun bocadelo xigante de máis de 25 metros. Esta labor hercúlea levárona a cabo uns habituais destos menesteres, xa poseedores dalgún que outro récord guiness no seu coleto: a Panadería Manuel Pereira e hijos, de Araño (Rianxo). O resultado foi un auténtico bocatti di cardinale do que Camarinas.eu, unha vez acreditado que na confección do mesmo non estiveran para nada inmiscuidas as mans destructoras e alcoholizadas do cociñeiro naviero, dou boa conta.
0#FESTA DO CARME 2012 —
francisco jose ruiz romar17/07/2012 22:31
XA HOXE 18 DE XULLO 2012 AKABA A FESTA DEO CARME 2012 EU DESDE BARCELONA O SENTO NI MEU CORAZON NO HABER ESTADO AHI CON TODOS MEUS COMPATRIOTAS CHAAOOO HASTA PRONTOOOO UN ABRAZOOOO
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.