1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Parafrasendo aqueles diálogos sen desperdicio entre Clint Eastwood e Eli Wallach en "El Bueno, el feo y el malo" poderíase decir que na Camariñas dos nosos días o mundo dívidese en dúas categorías. Unha primeira, estaría representada por aqueles cidadáns, membros dunha sociedade libre, que de forma desinteresada e altruista, a base de moito esforzo, gañas e ilusión, ben de forma individual ben creando asociacións diversas buscan o ben público, engrandecer a vila que os vío nacer.  A outra, conformada por representantes do peor do mundillo político e da cuadrilla chiquitero-borracheril de palmeros que os acompaña, que con idéntica determinación, ansia e entusiasmo adícanse a emplear o seu moi abundante tempo libre en arruinar algunha desas mesmas asociacións, a destruir o pouco que hai. E non poido haber mellor exemplo do que ámbolos dous mundos, opostos, antitéticos, teñen que ofrecer no actual estado de cousas que os feitos acaecidos na multitudinaria, grandiosa, lumarea de San Juan do Ano do Noso Señor de 2012 celebrada en Area da Vila este 23 de xuño.

Por un lado, a impecable organización dun evento de masas, con cáseque toda Camariñas volcada no prime time da cita, por parte dunha desas asociacións antes mencionadas, Lumarea da Vila: dende media tarde todo estaba listo para que unha vila ao completo desfrutara gracias ao esforzo duns poucos dunha das  datas máis sinaladas do ano. Incluso ante a coincidencia de horarios co encontro que a partires das 20:45 enfrontaba a España con Francia nos cuartos de final da Eurocopa 2012 habilitouse unha pantalla para poder contemplar as evolucións maxestuosas do madridista Xabi Alonso e compañía. Despois virían sardiñas, viño e cachelos de balde, música en vivo cunha das mellores orquestas do momento (Galilea) e, sobre todo, lume, a pira ornamental máis estilizada de toda a Costa da Morte.

Por outro lado, en perfecta antítesis co actuar responsable antes descrito, o horror representado polo lamentable espectáculo protagonizado na noite de autos por un coñecido asaltador de negocios particulares, antigo empresario arruinado por completo, devenido actualmente en okupanáuticos profesional. Nun estado digamos un tanto titubeante (a tombo libre), facía unha espectacular entrada en escea cuns bailongos frenéticos, eléctricos, que si non fora por aquelo dalgún que outro bandazo, xa querría para si o mesmísimo Baryshnikov. Non quedou ahí a cousa xa que, consecuencia inevitable dunha sede irreprimible, dóuselle por intentar abrazar a todos os presentes nun ataque de cariñosidade incontenible provocando por elo unhas cantas estampidas masivas, ata que nun digno broche a tan maxestuosa actuación, efecto da combinación dunha inxesta masiva cun declive físico evidente, alá caío espatarrado cos pes para arriba diante do palco, todo un líder opositor, nun batacazo que tiña moito de simbólico a nivel persoal, económico e xa non digamos político.

Comentarios   

rula
+2 # Espectá culorula 04/07/2012 19:52
Ese espectáculo tíñase que grabar e publicar, para que a xente do seu partido vira de unha ves por todas o que teñen eiquí!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.