- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 29 Xuño 2012 29 Xuño 2012
Despregábase tranquila a noite do xoves 28 de xuño en Camariñas, unha máis cos seus trafegos portuarios, cas súas idas e venidas de embarcacións, cando unha súbita incerteza apoderouse do ambiente. Sin saber moi ben os presentes a que respondía, un operativo de emerxencias poñíase en movemento. Desatracaba do Muelle Novo a lancha de salvamento Salvamar Altair e partía con rumbos descoñecidos, nembargantes o seu derroteiro non estaba moi lonxe: a poucas millas do Vilán, o gran cruceiro "Independence of the Seas" que estaba a cubrir a súa ruta, alertara de que un dos seus viaxeiros, Henry Gibson un xubilado de orixe británica, acababa de sufrir un ataque ao corazón e estaba sendo atendido polos servizos sanitarios do buque. Trasladado pola Salvamar Altair ata o Muelle de Curbeiro, alí rápidamente unha ambulancia procedeu a evacuar ao ferido ata o Hospital Comarcal de Cee, acompañado en todo momento por unha facultativa do buque mencionado. Desta maneira pechábanse uns feitos dos que nun primeiro momento se chegou a rumorear que se tratara dun iate fondeado no medio das augas do Porto de Camariñas dende o que se precipitara ás augas un dos seus tripulantes consecuencia dun ataque ao corazón fulminante.
Fotos: Michael Pérez Riveiro





Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.