Pois aquí andamos en Camarinas.eu, na nosa liña clásica, botando unha man ás boas xentes de Camariñas na medida das nosas humildes e moi limitadas posibilidades e arreando estopa aos indesexables. Porque se alguén merece unha a nosa colaboración son os membros da Asociación Lumarea da Vila, os cales nun xiro xenial acaban de confirmar a presencia na noite de San Xoán dunha das mellores orquestas do circuito musical galego: Galilea. Xa tiñan confeccionado un programa completo con inchables para os meniños, sardiñas, viño e cachelos para todo o mundo, unha discoteca móvil e a pira incendiaria de maior envergadura de toda a Costa da Morte ao que agora suman a presenza dunha das grandes orquestas galegas. Todo elo comenzará a partir das 20:00 horas do sábado 23 de xuño. Quedan xusto 48 horas para o San Xoán mellor programado e confeccionado, o máis completo e festivo, de toda a nosa franxa atlántica. Comenza a conta atrás.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.