- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 25 Mai 2012 25 Mai 2012

Cando estamos a pouco máis de mes e medio para o comenzo da Festa do Carme, no que xa constitúe unha tradición, Camarinas.eu procede a publicar en rigurosa exclusiva o cartel da máis grande festa do arco atlántico, alomenos para un camariñán. Un programa de actuacións realmente espectacular, completo a máis non poder, e que ao decir dos entendidos presenta o mellor plantel de orquestas que a día de hoxe se poden atopar no panorama galego (París de Noia, Olympus, Ciclón, Panorama, Palladium, etc...). Todo elo débese ao traballo infatigable, serio e eficaz que dende hai un ano ven desempeñando de modo exemplar a Comisión de Festas, comandada polos nosos queridos amigos Rubén e Luis dos Cabalos, os cales restando tempo ao lecer, á familia, mediante a celebración de ceas, bingos, campeonatos de truco, etc... conseguiron facer posible o soño de contar ca mellor das festas. A elo, como é habitual, hai que sumar a colaboración desinteresada de Diego Alonso Freire no diseño dun cartel á altura do contido do mesmo: a suma do esforzo duns poucos redunda no beneficio xeral de tódolos camariñáns. E así, cando o sábado 14 de xullo, neses mesmos intres en que os fastos do día nacional de Francia estén dando as súas últimas boqueadas, un pouco máis ao sur, nunha remota vila da Costa da Morte, comenza outro evento que non desmerece en absoluto ao anterior: ¡¡a mellor festa do mundo!!


Comentarios
Encantame o cartel da desta do carme!!
Juju que cerqiña xa esta o 14 de julio!
seran uns dias inolvidables para camariñas!
Que viva a festa do carme! este ano ten que qedar por riba de todas!
muakssssssssssssssssssssssssssssss
HASTA SIEMPRE.
D.E.P EDUARDO LEMUS.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.