- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- CategorÃa: Camariñas e BurÃa Camariñas e BurÃa
- Created: 22 Mai 2012 22 Mai 2012
Como sempre, ao igual que en anos precedentes, unha lexión de buriáns desperdigados polo mundo (Suiza, Bélxica, Alemania, etc...) buscaron un oco no calendario, fixeron a súa maleta e voltaron á súa terra polos sagrados dÃas de San Xurxo. Agora, pasado un mes, todo parece moi lonxano, unhas épocas remotas, pero para estes emigrantes elo supuxo a baterÃa na que recargar as pilas para longo ano de duro traballo. Por elo, Camarinas.eu consciente da labor social que como única web representativa de todo un concello ten entre o noso colectivo emigrante, réndelles unha humilde homenaxe publicando un vÃdeo grabado a cabalo de diversas sesións fotográficas durante a derradeira Festa de San Xurxo, ese abrevadeiro emocional no que tantos buriáns afastados da súa terra sacian a morriña de todo un ano.
Â
