- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 15 Mai 2012 15 Mai 2012
Estaba na mañán deste martes 15 de maio de 2011 Tilde de Peteno cas súas compañeiras de toda unha vida na Asociación de Palilleiras cando de repente comenzou a sentirse mal. Éstas, asustadas ante os graves síntomas que facían presaxiar un mal de envergadura raudamente trasladaron a Tilde ata o centro clínico camariñán sito na Rúa do Prado. Alí o persoal médico enseguida constatou a gravidade do suceso e diagnosticou que nin máis nin menos Tilde acababa de sufrir un ataque ao corazón, por elo sen perder un só segundo procederon a chamar ao helicóptero de urxencias para que fixera un dos seus nada desexables vos ata Camariñas. Posto en marcha o operativo, tomáronse polos corpos de seguridade e Protección Civil de Camariñas as precaucións necesarias para garantir un rápido traslado de Tilde ata o centro hospitalario no que ataxar un ataque que de non ser tratado a tempo faría que a estas horas posiblemente estivéramos a falar dun novo episodio na cadea de desgracias que dun tempo a esta parte asolan o noso concello. Unha vez verificada a rápida evacuación e con Tilde xa ingresada nun centro hospitalario só queda desexarlle a esta querida amiga, palilleira de toda unha vida, unha satisfactoria evolución e unha pronta recuperación.
