1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Faleceu Aguiar, o administrador durante tantos anos da fábrica de CoreaNa mañán deste invernal 1º de Maio de 2012, Festividade do Traballo, entre chuvias e cristales empañados comenzou a expandirse por Camariñas a nova sobre un novo falecemento. Nunha residencia de León, cidade na aque actualmente está a residir unha das súas fillas así como o seu neto Pedro, acababa de falecer aos 90 anos de idade Don José Teijeiro Pardo, coñecido dende sempre na Vila das Palilleiras como "Aguiar". Provinte orixinariamente de Santa Marta de Ortigueira chegaba Don José a Camariñas para encargarse da administración da importante fábrica conserveira da familia Aguiar, situada en tempos no Barrio de Corea e da que tomaría Don José o sobrenome que o acompañaría o resto da súa vida, levando durante anos o timón dunha factoría que sempre destacou pola calidade indiscutible do seus productos, elaborados de forma artesanal, seguindo os vellos cánones e tradicións da salazón.

Un apego á tradición nembargantes que acabaría determinando cando se impuxeron os novos modos de producción industrial, en cadea, o peche dunha factoría que tal vez non soubo adaptarse ao cambio dos tempos, algo que hoxe en día non tería precio: posiblemente estaríamos a falar dunha conserveira que se encargaría de abastecer co seu producto dunha calidade superior a tendas e establecementos de gourmets especializados e delikatessen culinarias. Persoa de bo corazón, xenerosa e desprendida, moi querida, era Aguiar un deses camariñáns de adopción que co paso do tempo acaban por amar a Camariñas dun xeito cáseque máis absoluto que os propios naturais do lugar. Unha vez chegados os seus restos mortais dende León, están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo, de onde partirán ás 17:30 horas directamente cara o Cemiterio de San Xurxo, camposanto no que recibirán cristiana sepultura. Falece se dúbidas con Aguiar a metade da alma conserveira de Camariñas.  José Teijeiro Pardo Descanse En Paz.

Comentarios   

Beldoña
0 # RE: José Teijeiro Pardo "Aguiar" D.E.P.Beldoña 01/05/2012 19:11
A RAMPLA D´AGUIAR

Naquela rampliña, medio tollida,
que, nin co devalo do mar, se vía,
as sardiñas nas tinallas brincaban,
cos aires das mozas, ó abri-lo día.

Abalando cara o mar mariñeira,
rastrexaba o peixe que escorría;
i a onda randeeira baleiraba
impando na escama que relucía.

Por aquela rampla a onde ía a Mantida,
co andar lixeiro dende a súa casiña,
baixaba antano este neno da vila
a pescar queimonas abondo e axiña.

Os mozos cantaban ó abri-lo día,
i o espello da auga ó sol relucía,
i a gaivota rapinaba a sardiña,
i a lancha do xeito en peixe afundía.

Era ó xantar, fresquío da Vila,
co peixe que daba a xente a quería,
sobranceira,… i, ¡ tanta “jameliña” !
apazugada, agardando na fila.

¡ Hai ! asoballada, amada veciña,
cara ao mar, reverente te inclinas,
desgaxada en vaivén de caroliñas
… abrente arrolado nas cunchas finas.

Agarda por min, miúda xoíña,
a que retorne xunto a ti algún día,
cos tempos de antes bulidos da vida,
…con alumiños, volver, volvería.

Antonio Puertas

Vai por ti, amigo XOSE TEIJEIRO ...AGUIAR.
¡ Cantos recordos me evoca a túa rampliña !
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
-1 # RE: José Teijeiro Pardo "Aguiar" D.E.P.rubiasexy 01/05/2012 21:05
o meu sentido pesame a familia en especias os fillos e os netos des de camariñas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.