1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Cumpríronse os peores augurios e cando faltaban escasos minutos para as 13:30 horas o grupo de voluntarios de Protección Civil de Camariñas atopaba, no medio do argazo, o corpo sen vida de Ovidio Lema López. Fíxoo non moi lonxe do lugar que predixeran os mariñeiros da zona: prácticamente ao carón das rochas nas que pescaba acompañado do seu cuñado, un sitio onde as mareas soen acumular grandes cantidades de algas mariñas. Unha vez recuperado o corpo, foi trasladado ata a Lonxa de Camariñas onde o médico forense certificou a causa da morte para despois ser trasladado ata Coruña onde terá lugar a autopsia. Ponse fin desta maneira, en menos de 24 horas dende que tivera lugar o fatal acontecemento, nunha das paraxes máis inhóspitas e inclementes da costa galega, ao dispositivo de salvamento que movilizou dende as 16:00 horas deste mércores 25 de abril a ducias de persoas, dous helicópteros, a lancha Salvamar Altair e ata os buzos da Guardia Civil e que permite, dentro do terrible do suceso, evitar unha agonía de días ou meses de búsqueda infructuosa do corpo á súa familia. Así pois, nada queda máis que trasladar o noso máis sinceiro pésame e apoio á muller e fillas de Ovidio Lema López nestes tráxicos momentos. Descanse En Paz.

Comentarios   

rula
-1 # RE: Rematan as labouras de búsquedarula 26/04/2012 17:01
D.E.P
Denunciar ante o administrador
isa
0 # RE: Rematan as labouras de búsquedaisa 26/04/2012 18:55
o meu mais sincero pesame a familia en estes momentos tan duros que dios o teña na gloria D.E.P
Denunciar ante o administrador
Maria Belen
0 # pesameMaria Belen 26/04/2012 19:18
Mi mas sincero pesame a la familia de ovidio,desde asturias-belen silva
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
-1 # RE: Rematan as labouras de búsquedarubiasexy 26/04/2012 20:23
o meu sentido pesame para esta familia de ovidio des de camariñas sefa e os pedros
Denunciar ante o administrador
Jorge Romero
0 # Rematan as labores de busquedaJorge Romero 27/04/2012 08:20
Desde Suiza mi sincero pesame para la familia de Ovidio,que es mi vecino y que descanse es paz.Jorge Romero
Denunciar ante o administrador
ffff
0 # RE: Rematan as labouras de búsquedaffff 27/04/2012 08:22
Queria saber quen fui o de proteccion civil que o encontrou sa que taban todos na carretera e cando a herman o encontrou pasamos moitos traballos para que viñesen a asudarnos alguen
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.