1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
O entorno da Praia do Trece podería haberse voltado a cobrar o seu tráxico tributo de morte na tarde deste desapacible mércores 25 de abril de 2012. Aínda baixo os efectos da cicloxénese explosiva Petra, nun dos días cunha das peores bajas de mar que se recorde, Ovidio Lema López, de 50 anos, natural de Dor e propietario do Cafe Bar O Descanso estaba a pescar co seu cuñado Manuel Martínez Romero nunha pequena punta que se adentra no mar ao carón do Cemiterio dos Ingleses cando sobre as 15:30 horas un forte tombo tirou cos dous veciños do noso concello á auga. Ao parecer segundo testemuñas ás que tivo acceso Camarinas.eu sería un chaquetón militar o que ao enchouparse arrastraría rápidamente a Ovidio cara ao fondo mentras que o seu cuñado Manuel a pesares de fracturarse un pe debido ao forte traumatismo provocado polo golpe de mar conseguío saír da auga e tras percorrer unha determinada distancia neste estado lamentable dou aviso a unha muller que neses momentos se atopaba na pista que une Reira con Santa Mariña a cal rápidamente puxo en alerta ao 112.

Arrancou entón un amplio dispositivo de salvamento que incluío as forzas da Guardia Civil, Protección Civil e Policía Local de Camariñas, así como o helicóptero Helimer 204 que empezou a peinar a zona do sinistro na búsqueda de Ovidio Lema López con resultados infructuosos ata as 21:30 horas, momento no que se suspendeu o operativo pola falta de visibilidade. Asemesmo, como sole ser habitual nestes casos ata o lugar desprazouse o alcalde camariñán Pichurri xunto ao Patrón Maior e numerosos veciños chegados dende todo o concello, mentras a lancha Salvamar Altair non podía acercarse ata as rochas nas que tivo lugar o fatal accidente debido á fortísima oleaxe reinante no entorno da Praia do Trece durante toda a tarde deste triste mércores 25 de abril. Consultados por Camarinas.eu, os membros do dispositivo de salvamento móstranse moi pesimistas respecto a que poida atoparse con vida a Ovidio Lema López, o cal é ademáis pai dúas fillas. Polo tanto, nun entorno de traxedias marítimas, ao carón dun cemiterio construido para dar reposo ás víctimas do máis terrible dos naufraxios da historia da Costa da Morte, a vida, un eterno retorno, podería haber voltado a cobrarse un tráxico tributo de morte. Dende esta redacción queremos dar o noso apoio e alento á familia de Ovidio Lema López nestes duros momentos.

Comentarios   

MBCA
+1 # RE: Desaparece un pescador no TreceMBCA 26/04/2012 09:40
Vaia por Dios,todo son traxedias.Esper o que pronto aparezca!
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.