- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 23 Abril 2012 23 Abril 2012
A edición da Festa de San Xurxo do 2012 quedou tráxicamente empañada cando na mañán deste domingo 22 de abril coñeceuse que acababa de falecer un dos referentes da Camariñas máis auténtica: Dona Marta Barcia Gerpe. Persoa moi querida, traballadora infatigable, admirable nai coraxe, xa mui nova víose obrigada a facer frente á adversidade máis terrible cando o seu marido quedou cego e tivo que sacar adiante por si mesma a unha familia con doce fillos ao seu cargo. Dende entón e durante ducias de anos as noites xélidas e húmedas ao carón da Lonja Municipal serían o seu hábitat natural forxando unha lenda de persoa boa, incansable e traballadora que se extendería por todo o ámbito mariñeiro galego.
Finalmente, xa retirada sempre botaba de menos a súa antiga vida e dende a súa entrañable casiña do Barrio de Corea non podía evitar botar de vez en cando unha mirada furtiva cara aos aconteceres que dende a lonxanía tiñan lugar no Muelle do Curbeiro. Ata que nun triste domingo de San Xurxo, despois dunha longa enfermedade falecía aos 83 anos este maravilloso exemplo de muller coraxe. Deixa sete fillas (Barca, Carmen, Susa, Rosa, Lola, Marisol, Elena) e un único fillo varón Jose, aos cales dende esta redacción damos o noso máis sinceiro pésame e acompañámolos nestes duros momentos. Os restos mortais de Dona Marta Barcia Gerpe están sendo velados na súa casa de Corea e o funeral terá lugar ás 18:00 deste luns na Igrexa Parroquial de San Xurxo. Vaise sen dúbidas un dos mellores anacos en toda a historia da Vila das Palilleiras, o representado por unha nai coraxe que en tempos adversos foi quen de sacar adiante a toda unha familia a base de cariño, esforzo, abnegación e coraxe. Vaise Marta, tal vez o último referente da Camariñas máis auténtica. Que Deus a teña na súa Gloria.

Comentarios
Foramos veciños, cando de neno, trouleaba polos nosos rueiros.
D.E.P.
Antonio Puertas
maria elena e rosamari de pita do neiro
D.E.P !!
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.