- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 21 Abril 2012 21 Abril 2012
Dende este sábado 21 de abril o Distrito de Buría e por extensión Camariñas están en festas. A edición do 2012 da Festa en honor do Patrón da Vila dos Encaixes arranca aos sons do baile vermouth e extenderase ata o martes 24 de abril. A comisión de festas organizou un completo programa de actuacións que inclúe ás orquestas Nueva Generación, Ciclón, Fania, Marbella, Abanico, Aché, Palladium e Cinema, ademáis da xa clásica e obrigada ofrenda floral no Cotro ao camariñán que construío desinteresadamente a finais do século XIX a Igrexa Parroquial. O día grande caerá este ano en luns e esperemos que as chuvias que están a caracterizar un mes ata o de agora pródigo en augas dea unha tregua e os camariñáns, especialmente aqueles que residen nos diferentes e antigos lugares de Buría, poidan honrar como se debe un ano máis ao noso Santo Patrón.

