- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 09 Abril 2012 09 Abril 2012
Non pode haber mellor colofón á Semana Santa camariñana que a procesión á Virxe do Monte. A visita ao monte sagrado da Vila das Palilleiras congrega ano tras ano centos de veciños felices por acompañar á súa virxiña na súa subida aos ceos. Cáseque á mesma hora en que na Avenida Euxenio López se daba fin a outra exitosa edición do certame encaixeiro de maior entidade a nivel mundial, na Ermita do Carme poñíase en movemento unha longa serpente multicolor para acometer á viaxe ao Monte Faro. Fe, devoción, agradecemento e patriotismo camariñán imbúen unhas mentes nas que a visita á Ermita do Monte convírtese nunha obriga ineludible. E alí como sempre non podía faltar Camarinas.eu na súa dobre cita de domingo e luns. Polo de agora vaia por diante a galería fotográfica do acontecido o Domingo 8 de abril do Ano do Noso Señor de 2012 a partires das 18:00 horas.
{phocagallery view=category|categoryid=851|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}
