1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Vila de Camariñas preparada un ano máis para volcarse ca súa Virxe do MonteSi un o pensa detidamente, tal vez a sucesión de días nos que se honra á Virxe do Monte sexan os máis profunda, sentida e entrañablemente, camariñáns. A única festividade caracterizada como peculiaridade exclusiva e singular da Vila das Palilleiras: mentras a Virxe do Carme ten consagrado o día 16 de xullo como unha data festiva totalizadora de prácticamente todo o litoral galego e a honra a San Xurxo, o santo que lanceou ao Dragón, multiplicase ao longo do planeta, a Virxe do Monte cunha orixe que se perde na orixe dos tempos constitúe unha festividade sen parangón noutras terras, un caso prototípico de Camariñas. Tal vez por elo, os membros da Comisión da Festa do Carme nesta edición de 2012 puxeron en marcha unha batería de actuacións de gran calibre, comenzaron  a pedir a todo trapo pola Vila dos Encaixes e os veciños a responder como nunca. Fruto de elo, nace un programa de festas serio e  completo, que retoma unha iniciativa exitosa no seu momento como foi a Festa da Zorza, que tras un ano de parón volverá este sábado 7 de abril, amenizada por unha Discoteca Móvil e a Orquesta Costa Oeste. A todo este traballo desinteresado da Comisión sumouse un ano máis o do director de Camarinas.eu, Diego Alonso Freire, que diseñou gratuitamente o Cartel da Festa. Todo elo é pouco para contribuir ao desfrute dos días máis entrañables do ano no Monte Sagrado camariñán.

Cartel da Festa da Virxe do Monte, realizado por Diego Alonso Freire

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.