- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 13 Febreiro 2012 13 Febreiro 2012
Un ano máis todo está listo para que arranque o Entroido no Concello de Camariñas. Dende a Casa Consistorial diseñouse un programa de actividades municipal amplio e solvente que toma como referencia tres puntos neurálxicos: o Pavillón Polideportivo da Ponte, onde o sábado 18 de febreiro terá lugar un conxunto de actuacións que inclúe dende hinchables ata música; a Casa do Alemán de Camelle, onde ao programa do día anterior uniráselle un suculento menú a base de chocolate e doces típicos do Carnaval, e finalmente como punto final, o martes de Entroido, día festivo en todo o concello, os disfraces e a festa apoderaránse do Pavillón Municipal de Camariñas onde terá lugar o gran concurso que premia anualmente ao mellor disfraz elaborado en todo un concello ao longo dun ano. E alí, captando a ledicia e o desenfreno dos cativos e dos non tan cativos, estará camarinas.eu, a web que fai da plasmación do día a día das xentes dun concello nos albores do século XXI un arte.
ENTROIDO CAMARIÑAS 2012
Sábado, 18 de febreiro FESTA DO ENTROIDO NA PONTE DO PORTO
Música e inchables para tódalas idades
No pavillón de 17:00 a 20:00h
Domingo, 19 de febreiro FESTA INFANTIL EN CAMELLE
Disfraces, inchables, animación musical, chocolatada e comida de Entroido
Casa do Alemán de 17:00 a 20:00h
Martes, 21 de febreiro GRAN CONCURSO DE DISFRACES ENTROIDO CAMARIÑAS 2011
{xtypo_rounded_right2}Premios:
(contía entregada no acto)
Comparsas
1º premio 400€
2º premio 250€
3º premio 180€{/xtypo_rounded_right2}
A partir das 17:00h no pavillón municipal de Camariñas.
BAILES, XOGOS E MÚSICA CON EDUVIA INCHABLES PARA TÓDALAS IDADES DESFILE DE COMPARSAS POLAS RÚAS
Saída ás 17:00h do pavillón municipal de Camariñas.
A partir das 18:00h no pavillón municipal de Camariñas.
CONCURSO DE DISFRACES INFANTIL E COMPARSAS
Consultar bases do concurso en www.camarinas.net
Inscricións Ata o 20 de febreiro no servizo de cultura
biblioteca de 10:00 a 14:00h de 15:30 a 18:30h
(teléfono: 981737234 - corrreo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.)
(Só poderán participar no concurso de disfraces infantil e comparsas aqueles/as que se inscriban na biblioteca antes do martes 21 de febreiro)