1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

Unha gran iniciativa da Comisión das Festas do Carme

Decíamos recentemente que si por un lado en Camariñas estamos asistindo a un dos espectáculos máis lamentables de toda a súa historia protagonizado por unha minoría radical e violenta, cada vez máis entolecida na súa deriva esquizofrénica cara a derrota final, unha viaxe cara a ningunha parte de animal acorralado que da os seus últimos zarpazos por pura impotencia, todo en relación ao asalto a un Bar-Restaurante, segue a xurdir, cada vez máis, xente boa, desinteresada, altruista. Exemplares de un mundo que se acaba (o dos matóns, o dos caciques, o do egoísmo, o da mentira, o do noxo no seu estado máis puro), frente a outro que brota lenta pero imparablemente: o deses rapaces e rapazas que sempre atoparán un momento para adicarlle aos demáis. Un mundo no que en Camariñas nos últimos tempos sempre tivo un papel protagónico as Comisións das Festas do Carme.

Precisamente, para evitar o apurado sprint final do Carme 2011, onde nun esforzo de última hora sen precedentes un pequeno grupo de patriotas camariñáns constituido en Comisión de Festas salvou a que é unha das grandes eventos da Franxa Atlántica, este ano todo está sendo preparado de antemán e así procedemos a publicar en rigurosa exclusiva a nova iniciativa da Comisión do Carme: a Festa do Cocido que o día 11 de febreiro deste 2012 encherá se espera con ata 300 persoas o Pavillón Municipal de Camariñas. Un evento que está previsto comence as 21:00 horas e no que un impresionante Cocido-Lacón será o protagonista que deixe agradecidos tantos e tantos estómagos da Vila das Palilleiras. Como todo está pensado para o lecer humano, posteriormente a Orquesta Atenas e unha Discoteca Móvil amenizarán a velada ata altas horas da madrugada. Como sempre que se trata dun acontecemento destas características, cómpre destacar a colaboración do Concello de Camariñas así como a de camarinas.eu na persoa do seu director Diego Alonso Freire que desinteresadamenre elaborou o cartel propagandístico do evento polo que xa se empezarán a quentar os motores da Festa do Carmen do 2012. Gracias a Deus, seguen a quedar persoas boas, desinteresadas, altruistas, que emplean o seu intelecto para facer o ben, para a aledar a vida dos seres humanos. E cada vez máis.

Cartel da Festa do Cocido elaborado desinteresadamente por Diego Alonso Freire

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.