- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 04 Xaneiro 2012 04 Xaneiro 2012
Estase a instalar a máis pura desolación no Muelle Novo de Camariñas. Primeiro, foron as inversións muchimillonarias prometidas no seu día a bombo y platillo por Álvarez-Campana (¡¡ay, xa decíamos nos: si de Presidente de Portos de Galicia estuvera un Campaña!!) xunto aos seus mariachis locais para ver si estes por unha vez lograban gañar as eleccións municipais e que nin para eso serviron, inversións que ninguén nunca verá, volatilizadas na máis pura farsa, despois o intento de golpe de estado no que anda enfrascada unha minoría radical e violenta nesa mesma explanada do Muelle Novo (mesmos cans pero con distintos collares, con perdón para os cánidos), aferrados desesperados como un cravo ardendo a un bar-restaurante, e agora o despido de seis traballadores e o peche dun servizo básico para o sector do marisqueo en Camariñas e en Galicia. Non, polo que se ve non corren moi bos tempos para a explanada do Muelle Novo. En todo caso, aquí en camarinas.eu procedemos a publicar a nota de prensa remitida polo Concelleiro de Urbanismo, Desenvolvemento Empresarial, Mar e Traballo, Sergio Caamaño:
PECHOU O MINICRIADEIRO DE AMEIXA
O día 28 de decembro a Xunta de Galicia pechou o minicriadeiro de ameixa que hai instalado no muelle de Camariñas. Neste minicriadeiro traballaban 6 persoas que proporcionaban 8 millóns de ameixas de 12 mm para sembrar. Ameixa que se repartía a tódalas confrarías de Galicia. Pero isto non debía ser rentable cando a Xunta decidíu que non había cartos para continuar con estas instalacións. Esta decisión conleva a enviar ó paro a 6 persoas, desprover de ameixa para sembrar ás confrarías de Galicia e deixar enriba do muelle de Camariñas unhas instalacións que costaron preto dos 400.000 euros.
Concelleiro de Urbanismo, desenvolvemento empresarial, mar e traballo.
Tlf: 981737004 - 677433532

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.