Semana tráxica esta na que está a transcorrer a extensa ponte da Constitución en Camariñas. Onte martes día 6 de decembro morría aos 88 anos de idade a nosa querida veciña Natividad Jaureguízar Isasi máis coñecida como Nati de Cerdeiras que acaba de ser enterrada este mércores no Cemiterio Parroquial de San Xurxo de Camariñas. E hoxe tamén, 7 do mesmo mes en curso a eso da 1 da tarde recibíamos a tráxica noticia do falecemento do noso querido amigo Ramón Pasantes Luáces debido a unhas complicacións definitivas que viña arrastrando hai uns meses e que hoxe acabaron coa súa vida. Ramón tiña 61 anos e deixa neste mundo a súa muller e aos seus dous fillos Moncho e Luís. O enterro de Don Ramón Pasantes realizarase este xoves 8 de decembro ás 3:45 da tarde na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas de onde partirá o corpo sen vida do noso amigo para descansar eternamente hacia o cemiterio parroquial. Dende Camarinas.eu queremos expresar as nosas máis sinceiras condolencias ás familias de Dona Natividad e Don Ramón. Descansen en Paz.
Eu tamén quero expresar dende aquí no meu nome e no da miña familia o meu máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de D. Ramón. Descanse en Paz compañeiro.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.