- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 13 Novembro 2011 13 Novembro 2011

Corría en Camariñas ao longo de todo este infausto domingo 13 de novembro de 2011 un vento desusado. Inusual, forte, salvaxe por rachas vendavaladas, estranamente quente. E entón foi cando tivo lugar a traxedia: o rapaz camariñán Germán Pasantes Vilas morría afogado ao naufragar a lancha na que saíra a faenar dentro da ría na compañía do seu pai. Eran sobre as 8 da noite cando se sentía por Camariñas o aleteo forte e estremecedor do helicóptero de salvamento sorprendendo a unha veciñanza adicada en aqueles momentos a contemplar desperdigada polos bares da vila as evolucións do derby galego que enfrentaba ao Deportivo da Coruña e ao Celta de Vigo. Ráfagas de luces aéreas peinaban desesperadamente a zona da Praia de Cedeira, a carón da centenaria fábrica conserveira, lugar onde tras abrirse unha vía de auga fórase ao fondo a pequena lancha na que Germán mailo seu proxenitor se atopaban, salvándose o pai dunha morte segura gracias a que sabía nadar. Unha vez en terra e ca anguria propia de quen teme pola sorte do seu querido fillo dou a voz de alarma e poñíase en marcha o dispositivo de salvamento. Pero nada se podía facer, finalmente atopábase non lonxe da rampa de Cedeira o corpo de Germán sin vida preto das 22:00 horas. Dende alí foron trasladados os seus restos mortais ata a lonxa de Camariñas onde supoñemos que foi certificada a defunción do noso querido amigo polo xuiz de turno. A redacción de Camarinas.eu quere expresar o seu máis sentido pésame á familia e amigos de Germán. O enterro deste rapaz está aínda por determinar. Germán Pasantes Vilas DEP.


Comentarios
DIS CHE TEÑA NA GLORIA GERMAN
Descanse en paz.
Gracias a todos por vuestros comentarios, quiero espresar todo mi agradecimiento al pueblo de camariñas porque hoy me han demostrado que de verdad le querian y le apreciaban.
Por todo ello muchos besos y abrazos para todos.
P.D: Gracias por querer a este niño en un cuerpo de hombre.
Yo Angela Garcia, quiero dar las gracias a todo el pueblo de Camariñas por todo el cariño mostrado.
DEP MEU PRIMIÑO
Se nos foi o noso primo He-man co que vivin moitos grandes momentos e votamos moitas risas xuntos e fixemos moitas trasnadas.Sempr e lembrarei o seu soriso as suas carcajadas e o seu apoio incondicional hacia a sua familia,sempre o quixen moitisimo e agora q non esta queroo todabia mais.Lembrareit e sempre meu primiño,o igual q a tua frase cando te facia rir "ay q Oscar este"...nunca te esquencerei querote moitisimo primiño. Encontra a paz q sempre mereciches.
"no llores por que lo has perdido alegrate por haberlo conocido"
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.