Están sendo momentos moi duros para todos os familares e amigos da nosa querida amiga falecida Dona Carmen González Pérez. Moita espera nun dos tanatorios de Vimianzo por parte da súa familia que agardará ata mañán as 3 da tarde para que toda a familia emigrante de Dona Carmen estea con ela nos seus últimos momentos nos que se celebre o sepelio. Aínda así, coa gran tristeza que tan fatídico suceso remarcou o rostro das nosas queridas amigos José, Karina e Nieves podemos ver aínda como estas dúas mulleres levan a perda da súa querida nai cunha enteireza sobrehumana. A toda esta tristeza temos que sumarlle a operación á que someteu esta mesma tarde o xenro de Dona Carmen e home da nosa Nieves por mor dun golpe na rodilla que o deixou no hospital Virxe da Xunqueira toda esta semana. Por eso, por non poder estar coa súa familia nestes momentos tan duros na vida destes nosos amigos, nos, aquí en Camarinas.eu queremos dentro do que cabe nesta terrible situación, dar tódolos ánimos a Pedro que, seguramente está a sofrir na súa soidade no hospital de Cee. Ánimo Pedro e familia! Recupérate pronto, estamos contigo!!
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.