- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 27 Outubro 2011 27 Outubro 2011
Eran sobre as seis desta desapacible e fría tarde de outubro cando a redacción de Camarinas.eu recibía unha desoladora chamada anunciando a morte da nosa querida veciña Carmen Gonzalez Pérez. Douse a terrible casualidade de que a nosa querida usuaria Gelinita estaba na Coruña esperando na sala do hospital para visitar a Señora Carmen na súa habitación cando o médico salío pola porta e anunciolles a morte de Carmen. Señora Carmen de 68 anos de idade levaba uns días ingresada no Hospital Juan Canalejo da Coruña por mor das graves consecuencias que viña sufrindo debido a diabetes. Esta gran muller levaba xa moitos anos loitando contra unha enfermidade que atacaba a súa saúde repetitiva e gravemente ata que hoxe ás 17 horas a enfermidade pudo definitivamente con ela. Carmen deixa neste mundo ao seu home, noso querido amigo José de Xaviña e as súas dúas fillas Nieves e Karina (nosa querida usuaria Pión).
O enterro celebraráse mañán venres na Igrexa Parroquial de San Xurxo de Camariñas a unha hora que está ainda por determinar e o velatorio en corpo presente será realizado no tanatorio que a funeraria Costas posúe en Vimianzo (de lado do Colexio desta localidade). Dende Camarinas.eu queremos expresar o noso máis sentido pésame a toda a familia de Señora Carmen e recordar, dentro da gran tristeza que nos asola a esa gran muller que foi Carmen González Pérez. Descanse en Paz.

Comentarios
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.