- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 01 Setembro 2011 01 Setembro 2011
O crepúsculo veraniego camariñán amosa os seus primeiros raios otoñais cando a vila rinde os seus respetos a San Ramón, o santo catalán que chegou a convertirse en cardenal e patrón das parturientas, todo na mesma persoa. Non en vano estamos a falar dun nome, Ramón, que significa nen máis nen menos que "protexido pola divinidade". Con semellante carta de presentación era obvio que un pobo de ordinario respetuoso e piadoso como Camariñas recoñecera as altas cualidades que adornan a todos os ramóns, monchos, monchiños, monchilos... cunha festa no seu honor. Esta ten lugar os últimos días de agosto e por elo con maior frecuencia da desexada o mal tempo faise notar. Esto ocurrío especialmente no chuvioso mércores 31 de agosto do ano en curso, onde as miradas continuas aos ceos caracterizaron a procesión arredor da Igrexa de San Xurxo concurrida como sempre. Esperemos que eses mesmos ceos grises e cargados den un respiro ao pobo de Camariñas na xornada deste vindeiro venres cando unha sesión vermouth e unha verbena poñan o colofón final ás festas en homenaxe a aquel santo nacido en Cataluña no ano 1200 e que vaia a saber vostede por que acabou convertíndose en patrón das parturientas.
{phocagallery view=category|categoryid=732|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}