- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 31 Agosto 2011 31 Agosto 2011
Na tarde do desapacible martes 30 de agosto, víspera de San Ramón, falecía sobre as 20:00 horas e despois de loitar duramente cunha grave enfermidade un dos grandes pioneiros da hostelería en Camariñas: o noso querido amigo e compañeiro Reinaldo Tajes, fundador do establemento que marcou un antes e un despois na Vila das Palilleiras: "Café Bar El Pinar". Dende hai uns anos, dende que a enfermidade se fixo forte no seu corpo, podíamolo ver paseando sempre xunto á súa dona María nunha cadeira de rodas polo Paseo Marítimo de Area da Vila e departindo amigablemente co grupo de xubilados que tódalas tardes compareten vivencias en calqueira dos bancos que surcan o citado paseo camariñán.
"Rei" como era cariñosamente coñecido entre os membros daquelas xeracións dos 70, 80 e 90 que encheron a cotío durante máis de 20 anos o mítico local asentado na Avenida da Coruña, chegou ao mundo da hostelería despois de anos de duro traballo en barcos mercantes para dar o substento necesario á súa familia: á súa muller María e aos seus dous fillos Tono, actualmemente residente nas Illas Canarias, e Reinaldo, que foi, entre outras cousas, exemplar Presidente da Asociación de Empresarios de Camariñas. Arranca cun local, "O Pinar", aberto a comenzos da década dos 70 e que situaba a hostelería de Camariñas frente a unha nova dimensión: un establecemento amplio, de delicado diseño, dotado dos últimos avances e servizos e ideal para un ambiente xoven. Naquelas primeiras épocas faríanse famosos os seus sabrosos polos asados, que atreron a unha lexión de clientes provintes de toda a comarca. Foi precisamente neses tempos cando empezaron a descollar dun modo rutilante as boas maneiras como barman do seu fillo Tono, coñecido precisamente por elo en Camariñas como "Tono do Pinar". Despois, e debido ao éxito acadado co local creado frente ao pinal do medico, a principios dos oitenta Reinaldo Tajes Senior pon en marcha o segundo proxecto hosteleiro da familia: o Café Bar Oasis, rexentado dende sempre de xeito exquisitamente profesional polo seu fillo Reinaldo Jr. Finalmente, na década dos noventa, despois dunha vida de duro traballo e cos seus fillos xa feitos homes, decidío retirarse xunto coa súa esposa María á súa casa da Rúa Pinzón e podíamos velo desvivirse de orgullo cara os seus dous netos Borja e Martín, os cales que non podían ocultar a súa devoción hacia seu avó. Dende camarinas.eu queremos darlle o noso máis sinceiro pésame a toda a familia e amigos de Reinaldo Tajes "Rei" que será enterrado hoxe no Cemiterio Parroquial de Camariñas a partir das 8 da tarde. Reinaldo Tajes DEP.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.