1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
A Danza de Arcos é obxecto dunha reportaxe de Camarinas.euA exitosa Festa do Carmen 2011 xa é historia e a nova comisión de festas comandada polo noso amigo Luis dos Cabalos que organizará as do 2012 xa está mans á obra e promete grandes novidades que serán anunciadas na web representativa das xentes de Camariñas. Entrementras dende Camarinas.eu queremos recordar o que foi a procesión do día 17 de xullo cando se leva a Virxen do Carmen de volta á Igrexa de San Xurxo en procesión. Unha procesión que, como mandan os cánones, está acompañada por unha menguada Danza de Arcos. Menguada en número de asistentes pero non en devoción e alegría por parte duns danzaríns que o dan todo para acompañar a súa santa. Cando remata a misa e a Virxen descansa xa no seu altar ata o ano próximo a historia da Danza de Arcos cambia completamente e a ela únense veteranos que destapan as súa ganas de volver a danzar na súa festa.

Para facer unha pequena homenaxe a estes intrépidos espontáneos que collen os arcos o 17 de xullo na honra á súa virxen Camarinas.eu desplegou a todo un fotógrafo profesional coma Diego Alonso para que lles realizara a reportaxe da súa vida cun traballo fotográfico espectacular digno dos mellores obxetivos. Ademáis o noso querido usuario MACHOTE realizaou un video portentoso de seguimento a toda unha leyenda viva: TOTIS. Que o desfrutedes.

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.