- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 21 Xullo 2011 21 Xullo 2011
Acorde co verán miserable que estamos a vivir, o sábado 16 de xullo, Día do Carme, amenceu da peor maneira posible. Xélido, chuvioso e borraxeirento, un opaco tono gris foi o permanente telón de fondo que acompañou a celebración do día máis grande do ano en Camariñas. En condicións adversas como as descritas, o carácter invencible do Carme resplandece en todo o seu esplendor e a serpe multicolor da Danza de Arcos suple tódalas carencias climatolóxicas e tingue de colorido ata o corazón máis negro, o día máis escuro, a alma máis ocre. Perfecto complemento de distintas forzas en movemento, insuperable Comisión de Festas que en tempo récord foi quen desenrolar un traballo admirable e conseguir a miragre, operarios municipais (sempre os grandes olvidados) con horarios suicidas que comenzaban as 6 da mañán e rematan Deus sabe cando e onde nas datas máis sinaladas do calendario e formigueante Danza de Arcos, un ano máis o sagrado Día da Virxe do Carme encheu de ledicia, de emoción, dun bulto que se agarrotaba na gorxa ata o último corazón camariñán. Incluso co tempo máis miserable que se puidera vivir.
Nesta edición a caravana inofrmativa de camarinas.eu elexío como correa de transmisión para unha voráxine de lectores espallada polos catro puntos cardinais un dos navíos con máis solera de Camariñas: o Carballo capitaneado por José Manuel Pensado Lista, único barco de bandeira chilena da nosa flota. Dende as entrañas mesmas do emblemático Barrio do Campo, décadas leva vendo a Costa da Morte surcar as súas augas unha embarcación pequena de eslora pero grande de alma e na que un por por mor dun colorido neroazurro por momentos se poida confundir a súa borda co Estadio do Inter de Milán. Perfectamente surtido das vituallas máis imprescindibles para a ocasión e acompañado das máis fermosas damas, afrontamos unha singladura complicada na que un chirimiri continuo empañaba unha e outra vez o obxectivo e na que un piso esvaradizo obrigaba a difíciles equilibrios na permanente peregrinaxe á popa do buque na reposición duns refrixerios que supostamente sempre caían por fóra, nunca por dentro. Grácil, lixeiro, rexuvenecido, o Carballo, historia pura en movimeinto do Porto de Camariñas, foi un navío invencible que guiou a camarinas.eu ata unha nova victoria xornalística.
Comentarios
Esperemos que para o ano sean iguales ou mellores!!
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.