- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 07 Xullo 2011 07 Xullo 2011
O ocorrido este pasado sábado 2 de xullo pode definirse tranquilamente e sen ánimo de pecar de euforia cunha palabra: apoteósico. A Festa do Carmen, a máis grande festa que estaba a punto de desaparecer do mapa festeiro da Costa da Morte, resurxío das súas cinzas a menos de 15 días da súa celebración cun apoio masivo por parte das xentes de Camariñas na cena anual que a actual comisión de festas organizou no Hotel Restaurante Os Catro Ventos. Un reximiento de preto de 220 persoas abarrotaron e cáseque colapsaron o famoso local hosteleiro para axudar, como bos camariñáns, na consecución da nosa Festa do Carmen, a festa que leva o nome da Patroa de Camariñaspolo mundo adiante e que tantos visitantes atrae ata a nosa vila nas datas da súa celebración.
Alí, ademáis das nosas redactoras Lucía, Maitiña e María Belén pudemos compartir mesa e plato con moitos amigos e usuarios de Camarinas.eu coma o gran compañeiro Machote, que ao final levouse a xoia da coroa dos sorteos que alí se celebraron ao rematar a cena: un lienzo orixinal da Nosa Señora do Carmen pintado polo gran artista (artista xa camariñán) e tamén usuario de Camarinas.eu Reyes FP. Ademáis tamén se sortearon as tres espectaculares fotos enmarcadas do Faro Vilán donadas por Diego Alonso Freire. Ao final dos sorteos celebrouse un pequeno baile onde un dúo musical fixo as delicias dos máis bailadores e os meneos caderiles fixéronse donos do local ata altas horas da madrugada. En fin, a menos de dúas semanas da celebración da Festa do Carmen todo fai presaxiar que estaremos ante outra gran edición da mellor festas da Costa da Morte. E sobre todo, vendo o traballo e a ilusión que esta nova comisión, digna herdeira da anterior, está a poñer dende o mesmo día no que decidiron "SALVAR O CARMEN", un só pode como bo camariñán dar as gracias e apoialos en todo. Como "BO CAMARIÑÁN".
{phocagallery view=category|categoryid=672|limitstart=0|limitcount=0|bordercolor=#ffffff|bordercolorhover=#ffffff|displayname=0}

Comentarios
Un fuerte aplauso para todo Camariñas.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.