- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 04 Xullo 2011 04 Xullo 2011

Semana tráxica no que respecta a accidentes e sucesos no Concello de Camariñas. Á amarga e siniestra morte de Ismael Romero Grela no accidente de circulación ocurrido o martes 28 de xuño sumouse este sábado noite outro grave accidente no que un turismo tripulado por dúas mulleres veciñas da Ponte do Porto salíase da calzada derrubando completamente un muro á altura da Piosa na parroquia de Xaviña. Unha delas salía malparada do fatal sinistro resultando gravemente ferida. E onte, a eso das 11 da noite recibíamos unha chamada da nosa gran amiga Ángeles López na que se nos informaba da morte do seu pai Ramón López no hospital comarcal de Cee por mor dunha grave enfermidade que levaba arrastrendo dende fai varios meses.
Ramón López Gerpe de 66 anos de idade estaba casado e era pai de tres fermosas fillas María Ángeles, Sandra e Isabel e avó de seis netos. A pesar da terrible enfermidade coa que él levaba loitando día tras día, os que tratábamos con Ramón últimamente víamolo a menudo cun sorriso na cara e sempre afable e falador. Os restos mortais de Ramón atópanse dende esta madrugada no Tanatorio San Vicente de Vimianzo ata donde poden ir os seus amigos e seres queridos a velalo respetuosamente. O enterro celebraráse mañán na Igrexa Parroquial de San Xurxo Camariñas aínda que está por determinar a hora exacta do sepelio. En fin, desde Camarinas.eu queremos dar ánimos a toda a familia de Ramón López e en especial a súa Dona, fillas e netos. D.E.P.
O Enterro será mañá martes ás 6 da tarde.




Comentarios
Jenny Blanco
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.