- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 27 Xuño 2011 27 Xuño 2011
Na madrugada deste domingo 26 de xuño de 2011, no mesmo fin de semana no que un membro da súa familia contraía matrimonio na Ermita da Virxe do Monte, aos seus 98 anos, falecía en Pamplona o prestixioso doctor Javier Teixeira Brunet. Estamos a falar tal vez dun dos camariñáns máis importantes da historia, a cuia altura únicamente poidamos situar aos irmáns Miguel e Ambrosio Feijoó Pardiñas, héroes militares do Exército Español na Guerra de Cuba. Nado en 1913 na súa casa familiar do Barrio do Campo, acababa a carreira de mediciña na Universidade de Santiago de Compostela e exercía primeiramente como médico pediatra nun pabellón de nenos con meninxite. Non foi ata 1954 cando empezou a exercer na especialidade na que adquiriría fama mundial: a electroencefalografía, a cal gracias ao esforzo e dedicación de profesionais como el empezou a ser considerada como especialdiade médica independente.
O maior cambio da súa vida acaece en 1959 cando se desplaza ata Pamplona para tomar parte por mediación do seu gran amigo Juan Jiménez Vargas na fundación da Facultade de Mediciña e do Hospital Universitario de Navarra, o que co tempo chegaría a ser posiblemente o mellor complexo hospitalario de España e un dos punteiros a nivel mundial, sendo o primeiro director de estudios da mencionada facultade de mediciña. Persoa de fortes conviccións relixiosas, gran camariñán, mellor persoa, nunca ragateaba un consello ou unha axuda aos numerosos veciños da Vila dos Encaixes que se achegaban ata a súa casa durante as vacacións de verán, as cales sempre pasaba no pobo mariñeiro da súa alma. Deixa unha gran familia que sen dúbidas lembrará con agarimo, respeto e emoción a vida deste ilustre e insigne camariñán. Javier Teijeira Brunet, Descanse En Paz.
Comentarios
Os grandes homes son sencillos e afables. Xamais presumen da súa grandeza e, iso, precisamente, é o que os fai mais extraordinarios.
Él foi, dende a súa humildad e entrega aos demais, quen se gañou a estima e o respecto das súas xentes.
Inda non apreciamos ben o que o noso pobo acaba de perder.
Se o ceo está de festa, con este novo santo ( que o é ), Camariñas está de luto por ter perdido a o extraordinario DON XAVIER TEIXEIRA.
¡ QUE DESCANSE NA PAZ DE DEUS !
RECIBAN OS SEUS FILLOS E DEMAIS FAMILIA, AS MIÑAS CONDOLENCIAS , DE MIÑA PARTE E DE PARTE DA MIÑA FAMILIA.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.