- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 13 Xuño 2011 13 Xuño 2011
As Festas do Carme atopábanse nunha situación agónica. Posiblemente das peores da súa historia: a 35 días escasos do que debía ser o seu comenzo aínda non había Comisión de Festas. Para paliar esta situación terminal, dunha gravidade sen precedentes, un pequeno grupo de veciños da Vila dos Encaixes, auténticos patriotas camariñáns, erguéronse e deron un paso adiante. Saben que terán que completar un traballo extenuante a marchas forzadas, ao longo de xornadas maratonianas, saben que non haberá recompensa e que incluso terán que facer frente ás descalificacións e incomprensión de algún que outro grupúsculo inadaptado e radical (os inclasificables e denunciables insultos a José Manuel Canosa Campaña, o mellor presidente de Comisión que nunca houbo en Camariñas, que únicamente descalifican aos seus autores e a aqueles que lles dan cancha). Saben todo eso e moito máis que lles espera, pero non podían deixar morrer ás mellores festas da Costa Atlántica.
O seu Presidente: Luis Rodríguez Tajes, Luis dos Cabalos, que asume a pesada e practicamente inmellorable herencia deixada pola anterior comisión presidida polo anteriormente mencionado JM Canosa Campaña, un home cuio legado non fai senón agrandarse co paso do tempo. Ao seu carón unha mostra da mellor xuventude camariñana, desas persoas sempre dispostas a colaborar, a axudar desinteresadamente en todo aquelo que redunde no ben común da vila da súa alma. Entre elas Lucía, María Belén e Maitiña, redactoras de camarinas.eu, que trasladan ao ámbito dunha comisión de festas o espíritu desinteresado, altruista, que presidío dende os seus inicios a web na que prestan un servizo invaluable e xenial. Tamén haberá veteranos, para aportar a carga de sabiduría e experiencia que permita elaborar nun tempo récord un programa á altura dunha festividade central no mundo mariñeiro galego. Este luns 13 de xuño de 2011 xa se reuniron no Casino para achegar posturas, confeccionar o planning e completar datas nun calendario implacable e feroz. Comenzan xa este fin de semana a percorrer os camiños, as rúas de Camariñas para achegar os fondos que financien a nosa festa. Incluso o seu presidente xa falou cunha serie de representantes e prácticamente pechou a contratación dalgunha orquesta. Poucas veces se verá que tantos lle debamos tanto a tan poucos. Ánimo e ¡¡adiante!!

Comentarios
Antonio Puertas
1º Felicitar a los integrantes de la comisión de festejos, pedir no es fácil.
Son fiestas muy arraigadas en Camariñas, y todo esfuerzo es poco para que se celebren.
Pero dentro de ésta felicitación, tengo que decir que no estoy de acuerdo cómo se ha encarado el artículo.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.