- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- CategorÃa: Camariñas e BurÃa Camariñas e BurÃa
- Created: 09 Mai 2011 09 Mai 2011
Despois de máis de tres semanas ingresado nas urxencias do Hospital Universitario da Coruña, Don Ramón Antelo xa está por fin en casa. Foi o 21 de abril de 2011, xoves santo, dÃa de resaca da épica e gloriosa victoria do Real Madrid na final de Copa, cando Ramón Antelo e o Ruso de Xaviña caÃan tráxicamente, ao ceder unha barandilla de Portos de Galicia, contra as escaleiras do Espigón Vello como paso previo a irse cara o mar. Mentras o Ruso era xa dado de alta no Hospital da Virxe da Xunqueira de Cee ese mesmo dÃa, Don Ramón como consecuencia da forte contusión e da auga inxerida era trasladado ao hospital coruñés onde era ingresado nas súas urxencias. Alà durante máis dunha semana debÃo loitar duramente pola súa vida, pero finalmente as gañas de vivir deste vello mariñeiro xubilado camariñán puideron máis e asà este luns 9 de maio era finalmente dado de alta e no transcurso da tarde voltaba ao seu fogar na Rúa Pinzón de Camariñas.
Unha vez pasado o mal trago, de moitas noites sen durmir, ou apretuxadas contra un incómodo sillón nunha habitación de hospital, de angustiosa espera en pasillos brancos e hixiénicos, as súas fillas Amalia e Teresa asà como os seus netos Dani e Adrián, queren agradecer a través da web lÃder da Costa Atlántica todas as mostras de interés, de cariño, de preocupación, que recibiron continuamente durante os duros dÃas de estadÃa de Don Ramón no Hospital Universitario. Ademáis, unha vez superado o perigo principal e xa de volta na casa, queren tranquilizar aos seus familiares en Bélxica. Agora comenza unha segunda fase de recuperación, no fogar, entre os seus, que tal vez levará o seu tempo, pero que esperemos finalice cun Don Ramón recuperado dando o seu clásico paseÃño diario polo Paseo de Area da Vila e saudando, como sempre facÃa, a algún que outro canciño impertinente e ladrador que por alà pasee da man do seu dono.
Â

Comentarios
Hasta logo, amigo
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.