1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)
Don Ramón Antelo xunto ao seu neto Dani no día da súa comuniónMentras Ramón Antelo luita duramente pola súa vida no Hospital Universitario da Coruña, Portos de Galicia promete unha severa investigación e parece insinuar unha sombra de sospeita sobre o conxunto dos mariñeiros camariñáns. Entre medias, Alvarez-Campana atopou  tempo para interesarse persoalmente polo estado do principal damnificado da neglixencia criminal da que é directamente responsable o ente que el preside e así puido saber que Don Ramón permanece ingresado en urxencias dende a tarde do xoves santo, obrigado a recibir respiración asistida na UCI do hospital coruñés e que, dentro da gravedade da súa situación, nas últimas horas houbo boas noticias, recuperou por intres a súa consciencia e experimentou unha certa melloría.

Pero tal vez esto último, a situación dun mariñeiro retirado que se debate entre a vida e a morte, non interese demasiado a todos aqueles que están noutras cousas. Os que están operacións de imaxe, de propaganda, que obrigan a cancelar plans persoais en venres santo e ter que acudir a sacarse fotos de ocasión, a prometer severas investigacións que nada arranxarán no drama xa acaecido para dúas familias do noso concello e a intentar trasladar desesperadamente a carga da culpa ao conxunto dos mariñeiros de Camariñas. Así, segundo nota de europapress, agora Portos de Galicia conta que "entre la tarde del miércoles y la mañana del jueves, un incidente sin aclarar por el momento provocó la rotura de la baranda, que fue colocada de nuevo, en lugar de ser retirada y dejada en un lugar visible para su posterior reparación, como se debió haber hecho", cando todo mundo sabe, tal e como recollía o diario La Voz de Galicia na edición deste venres, que a barandilla en cuestión levaba aproximadamente un ano rota e que a carga da responsabilidade polo acontecido corresponde total e absolutamente ao ente autonómico. Da medo pensar o que dirían algúns, eses mesmos embarcados en rudimentarias operacións de imaxe cas que lavar a cara de Portos, si esa barandilla chega a ser municipal.

Posiblemente, na barandilla accidentada se tensaran cabos por parte dos mariñeiros. Esto era algo que en Camariñas prácticamente todo o mundo sabía. Por elo a gravidade da neglixencia cometida por Portos de Galicia elévase expoñencialmente, ao non revisar periodicamente o estado das súas instalacións, sobre todo aquelas máis expostas a actuacións como as mencionadas que, de ser unha realidade, deberían ser prohibidas e vixiadas polo seu persoal. Este é o estado real dos muelles e portos da nosa comunidade cando cada día se percorren prácticamente tódolos puntos do litoral prometendo inversións muchimillonarias que despois ninguén ve por ningún lado. Todas esas promesas, todo esas investigacións, toda esa propaganda, chega tarde para Don Ramón. Aquí, o único que realmente importa é que máis cedo que tarde o poidamos ver dando os seus paseíños diarios polo Paseo de Area da Vila. Recupérese pronto, Don Ramón.


 

Comentarios   

Beldoña
+2 # RE: Estado de Ramón AnteloBeldoña 25/04/2011 11:10
Mellorate, Ramón, que inda temos que pescar moitas robalizas...
Un saúdo, amigo.
Antonio Puertas
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.