- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 14 Abril 2011 14 Abril 2011
Na lexanía do camiñante solitario vislumbrouse algo desacostumado nas alturas da Virxe do Monte. Un movemento metálico refulxía brilante baixo os pesados raios solares da tarde de primavera. O forte vento nordeste axuda ao camiñante impenitente a salvar o último tramo e lévao en volandas ata o pe do Monte Faro, sede dende as orixes do mundo dos máis sagrados cultos de Camariñas. A media ascensión, o noso querido amigo Juan "O Chino" abandoou por un día a construcción de beirarrúas no Barrio de Corea e, semellante a un porteiro da NHL que cambiara por un día o seu stick de hockey xeo por unha desbrozadora, afánase en rasurar continentes de toxo a marchas forzadas. Xa cerca do cume, dende a derradeira curva dun camiño bendito, contemplan o xove reporteiro e o seu intrépido e fiel acompañante as evolucións maxestuosas do gran acorazado de aceiro municipal segando malas herbas ao carón da Virxe do Monte tras o seu primeiro santo peregrinar.
A ofensiva do Concello de Camariñas contra o toxo, a maleza e as malas herbas executou un novo e innovador capítulo na tarde do martes 12 de abril cando o buque insignia da armada municipal, o novo Tractor Kioti M39, foi destinado a limpar os arredores da Ermita da Virxe do Monte que serán invadidos por centos de pes camariñáns nas santas tardes do 24 e 25 de abril de 2011. A alma relixiosa da Vila das Palilleiras demanda un novo espacio vital a conquistar ao toxo a base de desbrozamento intensivo. Desta maneira todo está listo e perfectamente condimentado para celebrar nos días centrais da Semana Santa 2011 unha festividade ancestral que por aquelo do calendario este ano solápase ca do Santo Patrón Municipal, San Xurxo, e que determinará que este exercicio o seu programa quede reducido a alboradas, gaiteiradas e misa en honor á Virxe do Monte.
{phocagallery view=category|categoryid=609|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios
A virxe do Monte ten
unha casiña pequena,
con catro santos de pau,
e catro esquinas de pedra.
Non precisa de mais ninguén,
pois é boa mariñeira;
a Barca, agarda en Muxía
á que lle amañen a vela.
Inda están hoxe enleados
en como rematar a tarefa,
e, o Fillo e a Nai, encantados,
polas rúas da miña terra.
Antonio Puertas
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.