1 1 1 1 1 Rating 0.00 (0 Votes)

A forza das augas xa reventou un muro na Pista a Mourín na madrugada deste sábado

A chegada do forte temporal que se espera arrive xa ás costas de Camariñas na tarde deste luns 14 de febreiro, xélido e tormentoso Día dos Namorados do ano do Noso Señor de 2011, tivo un inquietante prólogo na madrugada do pasado sábado día 12. Non sabemos si en forma de castigo divino polo penoso espectáculo acontecido nesa mesma xornada no salón de plenos municipal, unha impresionante tromba de auga azotou durante toda a noite a vila e a consecuencia da mesma un muro recentemente construido na Pista que leva a Mourín, xusto enfrente do Supermercado DIA, vense abaixo con estrépito como consecuencia posiblemente dunha forte retención de augas que só atoparon saída levándose por diante todo o que tiñan por diante.

Segundo opinión de sabios expertos consultados por camarinas.eu a forzosa reconstrucción do muro acompañada dalgunha que outra columna ao longo de toda a súa extensión (tamén algo de ferro non estaría mal) seguramente dotará ao mesmo dunha lonxevidade e fortaleza propia incluso do Muro de Berlín, eso sempre e cando toda unha muchedumebre furiosa de buriáns non se abalance contra o mesmo con furia asesina a martillazo e machetazo limpio. Por outra parte, para evitar os típicos asulagamentos provocados polas fortes choivas na zona do Paseo Marítimo, a imprescindible Patrulla Municipal de Obras (PMO) afanábase contra vento e marea na mañán deste mesmo luns arranxando unha serie de desagues no cruce que leva ao Muelle do Curbeiro:de agora en diante as augas fluirán "como lágrimas en la lluvia", que diría o bo de Rutger (que non Rupert) Hauer.

Con todo o peor espérase para a tarde deste martes 15 de febreiro cando a forza do temporal de vento, mar e choiva acade con todo merecemento a alerta laranxa: rachas de vento de preto de 100 km/h e olas de ata 9 metros de altura, elevándose a alerta a bermella nas primeiras horas da noite. Alerta Roja, como si dunha película de Steven Seagal se tratara.

 

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.