- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 19 Decembro 2010 19 Decembro 2010

Chispas Eléctricas na Rúa Pinzón
Era pasada a medianoite do domingo 19 de decembro de 2010 cando os sufridos veciños da Rúa Pinzón empezaron a comprobar con preocupación como o aparataxe eléctrico dos seus fogares fallaba seguindo un parpadeo rítmico. Apagado-encendido. Apagado-encendido. Instantes despois e procedentes da rúa invadiron as casas uns atronadores estouridos que levaron a algún a pensar se o goberno estalinista de Corea del Norte decidira xirar os seus obxectivos e pasara a bombardear Camariñas, claramente molesto con algunha das últimas decisións estratéxicas do equipo de goberno municipal. O asunto das reproduccións do Guernica, tal vez. Quen sabe. Unha vez asomado ás ventanas a práctica totalidade do vecindario, este comprobaba como o transformador dun dos postes da luz ardía acompañado de chisporroteantes explosións de aparato eléctrico. Entón xa era cuestión de segundos que José Manuel Tedín Tedín fixera a súa aparición en escea. Efectivamente, pasados tan só uns poucos minutos o insustituible, polivalente e multifuncional Tedín facía acto de presencia polo fondo do escenario do Areal ao frente do dispositivo de Protección Civil de Camariñas e rápidamente dispoñía todo o necesario para que o actor que estaba chamado a desempeñar o papel principal neste drama entrara en escea.
Sacado apresuradamente da cama onde durmía o soño dos xustos tras unha infernal xornada familiar de compras en Coruña, o peor aínda estaba por chegar para Manuel Canosa Bermúdez, electricista municipal en funcións. Soñoliento, tranquilo, impávido e firme ante a inxustificada alarma veciñal, omnipresente o seu clásico xesto de mans expertas enfundadas en cazadora bermella, nun só instante recompuxo na súa mente eléctrica o estado da situación e acometeu con menosprecio humilde da súa integridade fisica a extinción do incendio dunha caixa eléctrica que por momentos foi confundido por algún despistado veciño con letais misiles norcoreanos. Posteriormente e xa solventada a situación aparecían en pantalla ata dous camións de bombeiros, convertidos en tristes actores secundarios por mor da actuación estelar do equipo camariñano-xaviñán e que tiveron o descaro de aparcar entre as dúas liñas marelas, unha a cada lado da rúa, que o concello puxo diante dun negocio particular convertindo desta maneira unha vía pública nunha rúa privada (¡¡ La Calle Es Mía!!). Respecto ás causas dun incendio que cun pouco máis de vento puido extenderse sen o menor reparo ás casas veciñas, os técnicos polo momento descartan a pista dunha sabotaxe perpetrada por axentes comunistas infiltrados polo réxime norcoreano de Kim Jong Il e sinalan que presuntamente.... chissst, quieto parado: alguén douse por aludido polas nosas palabras e amenaza a esta redacción con demandarnos ante os tribunais. Como aquí xa estamos un pouco cansados destas historias, de meternos jaleos, pois abrimos un paréntesis, un furado negro que se traga as palabras aquí antes publicadas e que describían as causas do incendio que finalmente convertío os primeiros momentos da madrugada do luns 20 de decembro nun remedo eléctrico da traca das Festas do Carme, ata que Manuel Canosa Bermúdez, soñoliento, impávido, omnipresente o seu clásico xesto de mans expertas enfundadas en cazadora bermella, cuns cantos chorros de burbuxeante espuma puxo fin ao drama que animou por momentos unha noite de inverno na Rúa Pinzón.

Comentarios
Antonio
Un saúdo e espero que este comentario sexa publicado.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.