- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 19 Decembro 2010 19 Decembro 2010

Ata Sempre Lin
Recén saída do terrible calvario xudicial a que se vío sometida tan inxustamente durante os derradeiros tres anos, na madrugada deste domingo 19 de decembro de 2010 a desgracia volvía a golpear duramente á Familia Lin en forma de falecemento do seu patriarca, Edelmiro Campaña López, coñecido popularmente dende sempre en Camariñas como "Lin". Un agravamento do cáncer de esófago que durante estes últimos tempos viña padecendo levou a que a principios da semana pasada Lin fora ingresado no Hospital Clínico de Santiago de Compostela ata que cara ás catro da madrugada deste domingo finalmente, aos seus setenta anos, falecía.Felizmente casado con Pilar Carril, este matrimonio constituío sempre todo un exemplo de convivencia, respetuo mutuo e amor e dende a súa casa da Rúa Pío Pío criaron aos oito fillos, dúas mulleres e seis varóns, tres dos cales seguiron os exemplares pasos do seu pai no mar e convetíronse en dignos sucesores dun nome mítico dentro do mundo mariñeiro da Costa da Morte.
Efectivamente, co falecemento de Edelmiro Campaña López desaparece un dos últimos armadores lexendarios da Vila dos Encaixes, aquela raza de patróns que pasaron á historia da pesca de baixura, e vaise unha forma de entender o mar e unha auténtica institución en Camariñas, deixando un oco prácticamente imposible de cubrir. Persoa afable, cariñosa e amante dos animais, cando os seus barcos (Los Cinco Latinos, Los Tres Magos, Lago Dos) volvían do mar sempre tiña preparada unha bolsa de peixe para aquela xente, que nos malos anos da escasez, llo ía pedir ("cando o barco de Lin collía peixe ... Camariñas collía peixe"). Sen dúbida o seu estado de saúde víose agravado pola terrible desgracia que en setembro de 2007 se abatía sobre a súa familia, vendo como durante máis de dous meses ata tres dos seus fillos eran inxustamente encarcelados por un suposto delito do que despois serían absoltos e que durante tres longos anos viviron un implacable calvario xudicial. Pero vaise Lin ca conciencia tranquila e a ledicia de ver como o bo nome da súa familia era finalmente restaurado e a inocencia dos seus fillos probada. Os seus restos mortais están sendo velados na casa familiar da Rúa Pío Pío e o seu funeral terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo a partires das 16:30 horas deste luns 20 de decembro de 2010. Edelmiro Campaña Carril, dende a redacción de camarinas.eu, en nome dos seus miles de lectores, co máximo respeto e unha profunda pena, Descansa En Paz.
{phocagallery view=category|categoryid=394|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

Comentarios
Pareceume unha persoa agradable, algo canso xa enton e creo que vin nos seus ollos escintileos de añoranza cando estaba a mirar debuxado o barco que un descoñecido, sen causa xustificada e sen pedir nin aceptar nada a cambio, puñalle nas súas mans.
O meu máis sentido pésame á súa familia e a Camariñas pola perda que para eles significa. Descanse en paz.
Reyes
FAMILIA BUA LISTA
TONO
LIN
Profundo,Gran pai,gran marido,ser MITICO perdurable na memoria eternamente dunha vila mariñeira...
Lobo de MAR que ola tras ola fixeron estela co nome dunha LENDA dunha REALIDAD latente en por vida,porque nadie morre eternamente mentres haxa alguén que lembre ese nome.
LIN,SEÑOR LIN,QUERIDO TIO LIN...Hoxe mira hacia un horizonte que non alcanzan os nosos ollos,un trono que lle ten gardado DIOS e onde o espera orgullasemente por haber formado un SER HUMANO dende os pes ata a cabeza...EXEMPL O de ADMIRACIÓN
D.E.P...Que Dios o teña na Gloria....
A toda a sua familia,a miña familia...as máis profundas condolencias por esta perda tan grande...
Miguel y Familia
Xa as bágoas ennegrecen a aurora
E as pingas aturan as nosas venas,
O pobo enteiro afoga nas penas
Laiando os barcos no peirao de fora.
Cabaleiro dadivoso sen mestura,
A fame de fora arredou co xantar
Das xentes humildes do noso lugar,
E, a Costa da Morte, coñeceu a fartura.
No alto das nubes largou súas redes:
Sardiñas a eito, cachelos e boroa,
O barco de Lin, atracando de proa,
E, todos á Lonja, que alí as veredes.
Tres pitadas amoreadas nos ventos,
Cando nos ceos estee á atracar,
Comezan pausadas á puxar
O mellor peixe da alba dos tempos.
¡ Descansa !
que ben, tes gañado ó teu xantar.
Antonio Puertas
Foise unha persoa mítica e moi querida, como así se puido comprovar coa cantidade de persoas que asistiron ao sepelio, eso xa di como era Lin, sobran as palabras.
D.E.P.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.