- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 17 Decembro 2010 17 Decembro 2010

O Mellor Regalo de Navidad
Afortunadamente as boas noticias van chegando respecto ao estado de saúde de María Belén Carril Ageitos e toda a desolación, angustia e tristeza que se apoderaron desta redacción e de tantos dos seus miles de usuarios nos días posteriores a aquela fatídica madrugada do domingo 28 de novembro van quedando atrás como un mal recordo, un pesadelo indesexado, do pasado. En efecto, segundo puido saber esta redacción, a principios da semana en curso María Belén ante a gran melloría experimentada no seu estado de saúde ao longo da semana anterior, abandonou a Unidade de Cuidados Intensivos onde pasou sete agónicos días en estado de coma inducido e foi trasladada a unha habitación de planta, onde xa fala, come con toda normalidade, ríe a carcaxadas ante as clásicas saídas inesperadas da súa irmán Lucía e ve polo portátil as películas que lle graba esta última. Precisamente ao longo de toda a estadía no Hospital Universitario da Coruña Lucía, a súa nai Beatriz e o seu mozo Javi, prácticamente non se separaron un momento do seu lado e as visitas de amigas, parientes e coñecidos foron constantes. A pequena neumonía que padeceu María unha vez saída do coma, tamén xa parece superada e así ante a súa evidente recuperación física os médicos xa falan de dala de alta e que poida pasar o Nadal recuperándose no seu fogar de Camariñas. Alí, unha vez en casa, poderá decatarse de todo o cariño, de toda a devoción, de toda a intranquilidade de tantos e tantos usuarios de camarinas.eu que deixaba no seu pobo da alma mentras ela emprendía a loita máis dura da súa vida. María Belén, pouco a pouco vaise recuperando das gravísimas consecuencias do terrible accidente de tráfico acaecido unha fatídica madrugada de xeo e neve. Non pode haber mellor noticia neste mundo.



Comentarios
FELIZ NAVIDAD PARA VOSOTRAS DOS Y PARA VUESTRA FAMILIA.
Antonio Puertas
E aínda que non creo coñecer persoalmente a María Belén, (si coñezo de vista á súa irmá Lucía) quero unirme á alegría de toda a súa familia e amigos. Confiemos en que a recuperación sexa agora máis rápida e que pronto poida reincorporarse á vida normal entre a súa xente, que tanto se preocupou e sufriu por ela.
Engado a pequena dose da miña alegría e esperanza á gran alegría e gran esperanza colectivas que demostrou todo o persoal de Camariñas e a sua bisbarra.
Felices Festas, agora parece que si
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.