- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 18 Novembro 2010 18 Novembro 2010

A web líder da Costa Atlántica pon fin á cobertura máis exhaustiva do maior temporal que ten asolado as costas galegas nesta última década cun exame aos destrozos provocados pola Tempestade Becky na cidade da Coruña. O visitante arriba ao Paseo Marítimo da cidade herculina máis dunha semana despois do luns negro en que Becky chegou a Galicia e de novo un forte temporal de mar e chuvia dalle a benvida. Un anónimo temerario desoie advertencias e baixa á Praia do Orzán ca intención de mollar os pes e acaba completamente enchoupado por unha enorme ola admonitoria. Contra o secular dique de pedra que separa praias tempestades de auga rompen unha e outra vez e encollen a alma dun pequeno canciño miudo e ladrador. Unha muralla de area pretende aplacar ao mar enfurecido en Riazor e evoca remotamente á loita nunha trincheira, á fuxida de Dunkerke, ao Desembarco en Normandía. Toda unha balaustrada de pedra ausente advirte sobre a forza do mar e uns operarios municipais apúranse con pequenos arranxos que non serán definitivos e de envergadura ata que a tempada de temporais sexa tan só un recordo. No entorno das Escravas o regueiro de destrucción é especialmente visible e acercarse ás ribeiras do mar constitúe un exercicio arriscado e provocador, fútil. Un ámbito urbano, o centro dunha gran cidade, cos seus semáforos, centos de altos e populosos edificios, mobiliario público e numerosos viandantes azotado duramente por unha cicloxénese explosiva. Por unha vez non só nas paraxes salvaxes, cáseque illadas, remotas, de pequenas poboacións costeiras como Santa Mariña, Arou ou Camelle será recordado durante anos a furia vingativa dun temporal.
{phocagallery view=category|categoryid=267|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=3}

Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.