4.75 1 1 1 1 1 Rating 4.75 (12 Votes)

Un tremendo temporal de mar azoutou as costas de Camariñas este fin de semana

Calqueira que percorrera os camiños, que soupera do duro día a día da leira, da semente e da recolleita, podía decatarse de que estabamos a vivir un outono seco, feble en choivas e pródigo en ventos, que a terra ficaba agostada e que as poucas gotas que soltaba un ceo orfo de nubes axiña eran absorbidas ávidamente por unha natureza deshidratada. Un par de fortes temporais dispersos, illados no mar de tardes calmas e suaves, non foron quen de revertir esta indesexada situación e nestas advertiron dun novo forte temporal ca súa ecuación de fortes ventos e alertas laranxas: de forma semellante á anterior, viría a enturbiar unha nova ponte encaramada na inalepelable xeografía do calendario laboral. E nembargantes tal e como sucedera cos compañeiros que o precederan o derradeiro temporal chegado ás costas galegas caracterizouse por un tableteo disperso de ráfagas de forte choiva, por uns ventos serios, xirando os do sur cara os do norte por momentos na tarde do domingo 31 ca súa secuela de frío mortecino, pero sobre todo pola bravura dun mar disposto a encaramarse con furia salvaxe sobre unha costa inerme. Con todo a terra  non acaba de recibir a ración debida que a enchoupe definitivamente e os camiños aínda non foron inundados por unhas augas reinas da situación ata o mes de maio. Non acaban os ceos camariñáns de estourar en toda a súa apocalíptica magnitude.

{phocagallery view=category|categoryid=243|limitstart=0|limitcount=0|displayname=0}

Comentarios   

E logo ti de quen es
+4 # Fabulosas FotografiasE logo ti de quen es 02/11/2010 23:18
Magnificas fotos, que luz, !que azules¡, sólo echo de menos poder bajar alguna foto, un saludo
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+4 # RE: Temporal na Costa 30 de outubrorubiasexy 02/11/2010 23:29
bonitas fotos marcos esa e a camara nova que che rejalaron si e eboa e si señor asi fas majs sije asi pero tes que quitar o arnela por fora que seve o muelle cando salen para omar ala chao sijide asi que valedes muito sefa eos pedros justanlle muito paisaje como noso non o ahi
Denunciar ante o administrador
lucia018
+3 # RE: Temporal na Costa 30 de outubrolucia018 03/11/2010 13:21
Encantame as fotos... preciosassssss :-*
Denunciar ante o administrador
ReyesFP
+2 # TEMPORAL NA COSTAReyesFP 03/11/2010 17:10
Un temporal en la costa da morte es todo un espectáculo para los sentidos. Gracias por ponerlo al alcance de nuestra vista, particularmente te lo agradecemos los que estamos fuera.

Estupendo (¿arriesgado?) trabajo, Diego y/o Marcos. Deberíais prodigaros más con este tipo de regalos, que en tiempos no muy lejanos aparecían con mayor frecuencia. Enhorabuena.

La presentación a cargo de la redacción de Camariñas.eu, impecable, muy en la línea de su habitual calidad.

Reyes.
Denunciar ante o administrador
zhúkov
+1 # RE: Temporal na Costa 30 de outubrozhúkov 03/11/2010 22:43
Bueno, a ver, teño que aclarar que casi tódalas fotos desta reportaxe son de Diego, as miñas son sólo as 13 últimas, que como ben di Sefa foron efectivamente sacadas ca miña nova cámara, nova do trinque. Aclarar que non foi regalada, que os meus bos cartos me costou nestes tempos de crisis nos que os funcionarios públicos acabamos de ser obxecto dun atraco perpetrado en toda regla dunha legalidade máis que dubidosa (o asunto chegou ata o Constitucional) e que bueno, tamén decir que vai ser a cuarta cámara en menos de dous anos (as tres anteriores, falecidas en acto de servizo) e que de agora en diante espero volver a publicar de vez en cando unha reportaxiña humilde con fotos da miña colleita personal. En fin, Dios proveerá.
Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # RE: Temporal na Costa 30 de outubrolucia018 04/11/2010 10:03
jajajaj ai marcossss duraronche ben pouco as outras camaras ooohh amin a miña durame ben e mira q a lebo con migo arrastro a todos sitios sjejej :P
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.