Durante moitos anos a Vila de Camariñas foi fundamentalmente un pobo de mariñeiros e albañiles, procedentes estes últimos prácticamente na súa totalidade dalgún dos recunchos que compoñen o inabarcable Distrito de Buría. Nun dos seus lugares, concretamente no Cotro, nacía un 5 de xullo de 1952 José Bermúdez Mouzo. Hábil cas mans, non tardaría en engrosar a lista de laboriosos e eficaces albañiles buriáns que se dedicaron con ahinco a transformar febrilmente a Vila dos Encaixes nas décadas dos 70 e 80, se ben no caso de Pepe do Ardeiro, tal e como sempre foi coñecido popularmente en Camariñas, a puntillosidade, perfeccionismo e minuciosidade da súa labor acabaron determinando que cos anos Pepe se convertira nun maestro canteiro de probada eficacia. Obras en pedra co seu selo persoal abranguen toda a Costa da Morte, dende Camariñas ata Vimianzo. Nestes últimos tempos Pepe acometera desafíos importantes na súa vida como a ambiciosa reforma da impresionante residencia familiar (casa antiga e amplia horta) do Lugar do Cotro ou un cambio de residencia cara a Braño. Foi finalmente neste último lugar onde aos seus 58 anos a morte o sorprendeu posiblemente en forma de ataque ao corazón cara as 00:30 horas deste furioso e vendavalado venres 29 de outubro de 2010. O seus restos mortais están sendo velados no Tanatorio San Vicente de Vimianzo e o funeral terá lugar na Igrexa Parroquial de San Xurxo, non lonxe do seu Cotro querido, este sábado 30. En fin, vaise co falecemento de Pepe unha pequena parte daquela Camariñas dos 70, dos 80, composta maiormente por bravos mariñeiros e eficaces constructores, dende a redacción de camarinas.eu: José Bermúdez Mouzo, Descanse En Paz.
Queremos sumarnos desde Suiza a darlle o pesame a familia de PEpe o noso veciño do Cotro que conoso desde que son pequena !!! O nos mais sincero pesame... Descansa en paz veciño !Familia BLANCO
+1#RE: Falecemento de José Bermúdez Mouzo —
zhúkov29/10/2010 17:31
Bueno, en fin, en nome d Familia Vázquez Campaña quero dar pésame polo falecemento de Pepe do Ardeiro,vai bo de facer obras para os meus abuelos. En fin, Descanse En Paz.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.