- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 14 Setembro 2010 14 Setembro 2010

Disfrutaba Camariñas o martes 14 de setembro de 2010 dunha soleada e veraniega mañán cando pouco a pouco comenzou a espallarse pola vila un rumor que lamentablemente non tardaría en confirmarse: cara ás 2:00 da madrugada no Hospital Universitario da Coruña falecía aos 59 anos Antonio Jesús Alonso Ballester, sen dúbidas unha das persoalidades máis carismáticas e importantes da historia do Concello de Camariñas. Pertencente a unha antiga estirpe de torreiros, el mesmo non dubidou en continuar o legado familiar e así non tardou en convertirse no fareiro do seu amado Faro Vilán traballando ao carón da súa esposa Cristina Fernández Pasantes, unhas das primeiras mulleres fareira de España.
Ca chegada da democracia, Alonso, tal e como era coñecido popularmente en Camariñas, ingresa no PSOE onde exercerá como concelleiro e auténtico azoute da oposición durante máis de 20 anos. Percorre diversas concellerías ata que finalmente recala na organización da Mostra do Encaixe onde exercerá como Concelleiro-Delegado durante máis dunha exitosa década. Home de carácter independente e de conviccións firmes, non dubidou en enfrentarse en ocasións á executiva do seu propio partido naquelas cuestións nas que así llo dictaba a súa conciencia, o que tal vez puido acabar ocasionando a súa saída das listas electorais, feitos que foron recoñecidos polos veciños de Camariñas elexindo a Alonso como o político máis importante da historia do Concello nunha masiva enquisa organizada por camarinas.eu. Ás súas firmes conviccións socialistas sumaba Alonso un forte sentimento madridista que facía que sentira os triunfos e derrotas do seu amado Real Madrid ca máxima paixón e así nas grandes citas sempre o podíamos ver no Café Bar José Manuel, auténtico santuario do madridismo na Vila das Palilleiras. Ata que unha longa e penosa enfermedade fíxose forte no seu corpo, enfermedade que á fin e á postre acabouse levando nas primeiras horas deste martes 14 de setembro de 2010 a unha das personalidades clave para entender o desenrolo e modernización de Camariñas durante estes últimos 25 anos. Dende a redacción de camarinas.eu queremos mandar un agarimoso abrazo e o noso máis sinceiro pésame á súa esposa Cristina e aos seus fillos Cristina, Toño e Héctor e de corazón esperamos que todo o pobo, xentes chegadas de tódolos recunchos dun concello polo que Alonso tanto e tan duramente loitou durante toda a súa vida, acompañen á familia nestes duros momentos. Foise Alonso, sen dúbidas un dos grandes camariñáns da historia. Descanse En Paz.


Comentarios
D.E.P Sr Alonso
D.E.P.
Familia Blanco - Suiza
D.E.P. ALONSO
Que todos os teus, reciban o mais sentido pésame da familia: Puertas-Lema.
Antonio Puertas
un home tan querido do pobo camariñan
darlle animo a familia que a vida segue.
A familia Blanco Figueiras
Con esa mirada valiente y esa sonrisa cautiva,
Eres nuestro referente que has dejado en tu partida.
Has ganado a tu gente los laureles de la victoria,
Que irán en nuestra memoria como adalid referente.
Enciende, Alonso, tu nuevo faro, desde tu atalaya gloriosa,
Con esa aureola misteriosa, que envuelve a un caballero.
Descansa en la mar, siempre en tu mar, espumosa,
De nuestro Villano, buen hidalgo y lucero,
Señor, guardián de los mares, soñador y caballero.
¡ Descansa !
Que el viento te llevará a la mejor feria de los sueños,
En las nubes será tu trono, bordado en lo alto del cielo.
Antonio Puertas
E sempre me acordarei que, desde pequeno, sempre vin nel unha mirada boa e sincera. Era unha boa persoa.
Personalmente quero dicir que Alonso para min foi como un pai e nos momentos difíciles da miña vida sempre puden contar con él. Sempre estuvo cando o necesitamos. Por eso estarei en deuda con él e ca súa familia para o resto da miña vida.
Ata sempre compañeiro. Poñerémosche de menos...
un amigo que nunca se olvida e que estara siempre presente.
de Carmucha
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.