4.3235294117647 1 1 1 1 1 Rating 4.32 (34 Votes)

San Ramón de Camariñas 2010

Este martes 31 de agosto de 2010 a Vila de Camariñas celebrou unha nova edición da procesión dunha festa que a lóxica das circunstancias debería determinar hai xa longo tempo a súa finiquitación definitiva: San Ramón. E nembargantes ahí está un ano máis incólume ao pasar do tempo, inconmovible polos elementos, inasequible ao desalento e altamente reverenciada por todos os seus moitos homenaxeados nunha das onomásticas clásicas da antroponimia camariñana

Este ano a Comisión de Festas de San Xurxo, encargada de organizar a festividade que honra a tódolos Monchos da Vila das Palilleiras, organizou un programa partido con misa, procesión e bombas de palenque o 31 de agosto e baile vermouth e verbena o venres 3 de setembro a cargo das orquestas Estrella e Costa Oeste. E foi precisamente na traca de bombas de palenque onde se demostrou que o ser humano e o único ser vivo da creación que tropeza dúas veces na mesma pedra, que os errores do pasado tan só teñen lugar para ser cíclicamente repetidos e que aquí ninguén parecío aprender nada do exemplo xaviñán: novo incendio provocado por unha bomba de palenque. Neste caso si a cousa non pasou a maiores e tan só quedou nun pequeno susto e nun feixe de herba seca queimada débese a que a chispa incendiaria caeu nunha leira destinada á arte superior da horticultura (e non nun sabroso bosque tropical) e á rápida actuación dos voluntarios de Protección Civil que comandados por Juan Manuel Tedín e Jesús Figueiras acudiron raudos a sofocar o que a súa xa dilatada experiencia facía preveer. Como xa estamos en épocas de San Ramón e ao verán lle quedan dous telediarios haberá que esperar ao ano que ven para ver novos e festivos incendios veraniegos.

{phocagallery view=category|categoryid=16|limitstart=0|limitcount=0|detail=8|imageordering=1}

 

Comentarios   

Galia_81
+2 # RE: Procesión San Ramón 2010: Amenaza de incendioGalia_81 01/09/2010 08:31
A sorte foi que caera onde caeu, non só polas características da leira, senon pola cercanía e visibilidade. Tamén é de destacar a pasmosa actuación dos voluntarios de Protección civil, que estiveron raudos e veloces como poucos. Ó que pudo ser non foi nada.
Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # RE: Procesión San Ramón 2010: Amenaza de incendiolucia018 01/09/2010 10:30
Buf que bo que solo quedara nun susto.. Esa bomba.. ;-)
Denunciar ante o administrador
MADRILEÑO
+1 # os perigos ocultos...MADRILEÑO 01/09/2010 15:31
Gracias a deus , e a boa actuación dos profesionáis non pasóu nada , e menos sendo no medio do pobo , tantos accidentes, con estas cousas nas romarias,cabe xa formularse unha pregunta obrigada :
¿Dévese revisar as normas dende o concello en materia de seguridade pra os diferentes tipos de eventos lúdicos? , imaxinemos esto mismo por un momento, pero no medio de unha festa, aquelo a o que máis ou menos todos lle tiñamos medo de nenos, ¿ E se nos da unha cana?, eu creo que non sería moi descabelada a idea da revisión a fondo en esa materia...
Denunciar ante o administrador
elenablanco
0 # gran sustoelenablanco 02/09/2010 19:34
que maravilla de fotos espero que sigamos asi muitos anos mais que esta comision ten que seguir adiante que e e siempre sera unha maravilla animos a todos que esto non fui nada ahora a disfrutar o viernes con esas orquestasas que temos e a bailarrrrrrr biquiños
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.