- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 17 Xullo 2010 17 Xullo 2010
A festa das mil caras

A Virxe do Carme emprende o retorno baixo o máis solemne e espectacular pasillo de honor
Caras felices, caras alegres, morenas, algunhas máis pálidas, de mulleres, homes e nenos, dalgún can asustado entre o xentío, principalmente de xentes de Camariñas pero tamén de moita de fóra, caras fermosas ata a dor, de rapazas xóvenes e inocentes, ou tal vez non, ¿quen sabe?, caras cansadas, de noites longas e ollos ollerosos, dun cansancio latente que non tardará en facerse valer, ou de xente fresca, recén levantada e de camisa branca, exhultantes, eufóricas e lixeiramente embriagadas, caras de grave devoción relixiosa e algunha que outra de solemne responsabilidade institucional, pero sobre todo caras radiantes, de días de sol e festa, caras de 16 de xullo, salpicadas pola salitre do confín atlántico baixo as nubes pasaxeiras do ceo estival, caras de arqueiros, fatigadas, multicolores e orgullosas, de gaiteiros e músicos, as caras da Procesión do Día da Festa do Carme, todas e cada unha. Si non saen en camarinas.eu, esas caras non estiveron alí.
Comentarios
La belleza de la Ria de Camariñas compite con la de las mozas de Camariñas.
A ver si o ano que ven podo estar ahí para ver a precesion do Carme.
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.