- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 14 Xullo 2010 14 Xullo 2010

Luis, Campaña, Juan, Tedín, Mayte, etc... reuníronse este sábado para engalanar os arcos da Danza
Os arcos do triunfo
Este ano os arcos que portará a Danza polas rúas de Camariñas veñen impregnados dun significado distinto, especial, traen consigo un aura de triunfo, de pasión multitudinaria, de orgullo, de autoafirmación colectiva en base aos triunfos acadados de forma aplastante pola nosa selección recentemente en terras sudafricanas. Por elo a Comisión das Festas do Carme non podía permanecer indiferente á xesta que logrou conmover ata o tuétano a toda unha nación e cun moi bo criterio decidío engalanar patrióticamente os arcos cos colores das dúas bandeiras máis queridas polos camariñáns: as de Galicia e España. Decisión que recolle o xesto espontáneo de todo un pobo que engalanou ventanas e balcóns estes días como nunca antes se vira. Intuindo o triunfo do histórico domingo 11 de xullo, os membros da Comisión reuníronse xa este sábado na Agra de Abaixo para ter listos os arcos para o 16 de xullo, Día do Carme. Un día antes, o víspera, espérase que a partires das 21:30 horas o programa da TVG "Na Punta do Pe" visite a nosa vila para emitir en directo dende o Muelle. Unha Televisión Galega que de seguro quedará impresionada co espectacular programa de festas elaborado pola mellor Comisión das Festas do Carme en moitos anos.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.