Unha cea multitudinari amarcou o inmellorable punto de partida das Festas do Carme 2010
Un gran éxito como punto de partida
Contan as estimacións realizadas a pe de mesa que máis de 150 camariñáns de tódalas condicións e especies reuníronse a eso das 21:30 deste sábado 28 de maio para honrar como se debía ás Festas Grandes de Camariñas nunha multitudinaria cea. Outra das boas iniciativas postas en marcha pola mellor e máis animosa e voluntariosa Comisión de Festas que se recorda en moitos anos que ademáis de servir para achegar entre todos unha pequena suma monetaria ca que contribuir ás festas en honor á Patroa dos Mariñeiros, ten outro valor engadido: o de marcar a conta atrás a partir do cal empézanse a quentar os motores co que contribuir poñendo cada cal os eu pequeniño grao de area a realizar as mellores festas do Carme posibles. O punto de partida non puido ser mellor, como se puido comprobar nunha cea na que a compañía resultaba inmellorable e na que se danzou aos ritmos frenéticos da música ata que o corpo aguantou. A humilde contribución de camarinas.eu para logralo: unha foto valorada en 120 euriños e unha señora reportaxe. Esperemos que vos guste.
+2#RE: Cena das Festas do Carme 2010 —
Pion31/05/2010 20:21
hola a todos muy boas as fotos grasias diego e compañia polo traballo que fasedes,e desirlle os do carmen que fan majas haber si fan aljo po verano pos que non pudemos estar en esa sena
+1#cena das festas do Carme 2010 —
o cantante03/06/2010 16:42
Boas Diego e compañia.Antes que nada felisitala comisión polas boas inisiativas que teñen pa faser ano tras ano unhas mellores festas,que este ano disfrutarén porfin.Coma siempre jran reportaje e boas fotos.Un saludo camariñans.
Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.