- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 03 Mai 2010 03 Mai 2010
A polas mellores festas da historia

O primer paso para lograr as mellores festas da historia debe ser acarrear unha multitude á cea do día 29
Arrancan as Festas do Carme que por coñecemento, gañas e ilusión poden convertirse nunhas das mellores da historia. O listón deixouno elevado moi alto o propio José Manuel Canosa Campaña, Presidente da mellor Comisión de Festas en décadas, en entrevista concedida a camarinas.eu hai agora un ano: "as festas do 2010 serán mellores aínda". E para logralo faise necesario o concurso de todos: ben sexa a través dos donativos, ben sexa colaborando, implicándose ou acudindo á grandiosa cea-baile programada no restaurante 4 Ventos ás 21:30 horas do sábado 29 de maio de 2010 e á que se poderá asistir por un módico precio de 20 euros que poden ser decisivos á hora de conquerir as que poden ser as mellores e máis multitudinarias Festas do Carme da historia. Nunca estivo tan cerca o obxectivo, endexamáis houbo bases máis sólidas para conquerir o soño: unha comisión xoven e experimentada que neste exercicio 2010 promete exhibir toda a sabiduría acumulada tras tres anos de andaina. O primeiro paso para elo debe ser que unha multitude de camariñáns se apodere da cea-recaudación do 29 de maio, cuio cartel de presentación procede a publicar en exclusiva, como non podía ser menos, o xigante mediático da Costa Atlántica. Os interesados poden ir reservando praza chamando aos teléfonos 981736518, 981736403 e 981736064.


Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.