- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 24 Abril 2010 24 Abril 2010
Procesión e Ofrenda Floral de San Xurxo 2010

As festas en honor a San Xurxo congregaron outro ano máis unha multitude de fieis camariñáns
Xentes da Millarenga, do Outeiro, de Mourín, do Cotro, de Pións, do Riás, de Tilleiro e o Cotariño tamén, das terras baixas de Camariñas, emigrantes chegados dende Suiza en avións repletos fletados especialmente para a ocasión: todos eles cara ás 13:00 deste venres 23 de abril de 2010 atopábanse ben no atrio da Igrexa de San Xurxo, ben nos seus arredores, para honrar ao Santo Patrón de Camariñas. O ambiente especial, distinto, que se apodera do epicentro do Concello de Camariñas cada ano nesta sinalada data volvíose a facer notar. E muitos dos anteriormente sinalados, preto das 19:00 dunha radiante e calurosa tarde encamiñáronse cara O Cotro para rendir os debidos respetos a Don Domingo Antonio Rodríguez Canosa, o camariñán que dende o corazón de Buría conquistou México para construir unha igrexa espléndida no pobo da súa alma. Camarinas.eu estivo presente nos dous grandes actos que conforman a gran festa patronal de Camarñas e captou unha impresionante galería fotográfica de 230 imaxes e tres vídeos.
Comentarios
este ano pareceme q tivo q ser moi emotivo e bonito.disfruta deas festas e saudos A todos con un pouco d envexa por non poder estar disfrutandoas con vos.
A FESTA DE SAN XORXE
O cabalo de San Xorxe
Está a piques de saltar
Á jorxa da besta do demo,
Por se falla a lansa de mán.
Un moso está preparado,
Co voi que o ha de enterrar
Nó burato da súa leira
Ao demo e a sua maldá.
Por detrás camiña San Roque,
Cunha trincada de can,
Pa que se faja xustiza
Leva por testijo a un rapás.
San Antoniño, indiferente,
Polo que poida pasar,
Ajuanta nó colo ao Neniño,
Que non para de enredar.
Buría enteira de festa
Sonando a marcha rial,
Asubian os fojetes
E fai campaña a autoridá.
Antonio
ENHORABOA E GRASIAS OS FOTOGRAFOS E REDACTORES DE CAMARIÑAS.EU.
A TOD@S GRASIAS POR FASERNOS COMPARTIR UN CACHIÑO DE FESTA
UN CUA CUA PA TOD@S...GRASIAS
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.