- Escrito por Redacción Camarinas.eu Redacción Camarinas.eu
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 27 Febreiro 2010 27 Febreiro 2010
Impresionante imaxe que amosa como o mar enfurecido amenaza por momentos con rebasar o Paseo Marítimo
O tifón chega a Camariñas
O ciclón Xinthya chegou con toda a súa forza devastadora a Camariñas a primeiras horas desta tarde e segundo amosan as impactantes fotografías tomadas por camarinas.eu sobre o terreo cara as 16.00 unha impresionante marea apoderouse do Porto camariñán chegando por momentos a amenazar con rebasar en calquer instante o flamante novo Paseo Marítimo e o destartalado Muelle Vello. Polo que respecta ao Muelle Novo, barcos chegados dende toda a Costa da Morte buscaron refuxio ao seu carón parecendo nalgúns intres que estaban varados en terra dado o elevado da súa línea de flotación como consecuencia dunha marea viva sen precedentes. Mentras tanto a chuvia pertinaz e constante e os fortes ventos azoutan dende as primeiras horas do día unha Camariñas que polo de agora non presenta destrozos de entidade e na que a luz e o teléfono funcionan con normalidade. Así pois, tal como anticipara camarinas.eu parecemos estar en presencia doutro máis da vaga de temporais deste outono-inverno 2010. Seguiremos informando.













Comentarios
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.