3.9418604651163 1 1 1 1 1 Rating 3.94 (86 Votes)
Na mañá radiante pero fría deste venres 12 de febreiro os rapaces do CEIP "O Areal" de Camariñas celebraron a chegada do Entroido cunha gran comparsa de disfraces que recorrío gran parte do noso pobo. Dita procesión comezou sobre as 11 da mañá na porta da escola e baixou pola mítica e ao mesmo tempo destartalada Rúa Calvario ata chegar a zona da praia de Camariñas onde se detuveron un momento para reorganizar as filas. Despois continuaron ata a Praza do Concello onde a infantil comitiva era esperada por varios concellais e un Alcalde que mostraba o seu lado máis humano cando recibíu aos cativos disfrazados. Despois desta recepción os nenos desprazáronse dirixidos polos seus mestres ata o Pavillón Municipal de Camariñas onde se realizaría un pequeno ágape a base de productos típicos destas datas que os mesmos nenos levaron das súas casas. Cabe salientar que este acto foi desarrollado en colaboración mutua polo CEIP "O Areal de Camariñas", a Asociación de Pais de Alumnos do mesmo e o Concello de Camariñas. Cousa que nos agrada xa que todo saíu perfectamente organizado e sin ningún incidente imprevisto.

Comentarios   

rubiasexy
+1 # RE: O CEIP "O AReal" celebra o Carnaval cunha procesion por Camarinasrubiasexy 12/02/2010 21:42
bonitas fotos fasedes majas mima que guapos foron este ano os nenos tod@s de camariñas viva camariñas eu viva
Denunciar ante o administrador
lucia018
+1 # RE: O CEIP "O AReal" celebra o Carnaval cunha procesion por Camarinaslucia018 13/02/2010 13:42
Que bonitas todas as fotos, e que recuerdos me trae jeje, había ben de tempo que non vía os carnavales da escola. :lol:
Denunciar ante o administrador
kinos
+2 # RE: O CEIP "O AReal" celebra o Carnaval cunha procesion por Camarinaskinos 13/02/2010 16:26
q recordos de me trae de cando era un neno
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.