- Escrito por Mister X Mister X
- Categoría: Camariñas e Buría Camariñas e Buría
- Created: 27 Xaneiro 2010 27 Xaneiro 2010

Camarinas.eu publicaba onte á noite os efectos devastadores que o vento provocara na fermosa Ermita da Virxen do Monte na tarde deste martes pasado. Desperfectos que son poucas veces predecibles e que case nunca teñen responsables agás o vento enfurecido que os provoca. Todo o contrario que a nosa seguinte noticia que trata do inundamento do tellado do transformador situado na Rúa da Constitución, xusto detrás da Casa Consistorial de Camariñas e que leva así xa unhas cantas semanas sen que ninguén se dea conta do seu estado ou polo menos dea parte delo. Un transformador de corriente que corre serio risco de cortocircuito se as augas acumuladas no seu teito se filtraran por calquer circunstancia ao interior da caseta onde se atopan os instrumentos de alto voltaxe co conseguinte perigo de explosión piroplástica que afectaría ás casas dos veciños que están a menos de 5 metros. En fin, non sabemos si esto é así por unha falta de limpeza (que salta á vista) dos drenaxes do transformador ou si esta será a nova ubicación da próxima e tan prometida nos diferentes programas electorales piscina municipal de Camariñas, pero o que si sabemos é que alguén terá que dar parte desto antes de que ocurra algo do que todos nos arrepintamos. Camarinas.eu dou o primeiro paso; "pese a quen lle pese".




Comentarios
ESTO ES UNA NUEVA MINI PISCICULTIVADOR A DE ANGULAS GIGANTES CUADRADAS COMO PUEDEN VER EN LA FOTO,NO SABEN DISTINGUIR UN NUEVO EMPRENDIMIENTO? ??
Antonio
Suscrición de novas RSS pra comentarios desta entrada.