3.8163265306122 1 1 1 1 1 Rating 3.82 (98 Votes)

O equipo de investigación de camarinas.eu achegouse ata o lugar de autos e sacou as conclusións pertinentes

En un primeiro momento un redactor que o presente subscribe pensou nun ataque perpetrado por un escuadrón pertencente á última das oleadas anticatólicas que periódicamente se suceden nesta España dos nosos pecados, todas as cales, tras o clásico período inicial de anticlericalismo álxido, suelen acabar sen maiores consecuencias (se ben previa matanza, desamortización ou retirada de crucifixos). Sen embargo, os momentos de lóxico pánico inicial deron paso a un análise un pouco máis sosegado do ocurrido e ahí foi onde o equipo de investigación de camarinas.eu puido comprobar que os desperfectos, consistentes nunha serie de tellas arrancadas do cume que divide o teito a dúas augas do templo parroquial e que languidecían esparcidas polos arredores, sen dúbidas foron ocasionados nun momento determinado da sucesión incontrolada de temporais de tódalas especies que están a asolar Camariñas nestes últimos tempos. Pulsa na imaxe para coñecer as sorprendentes conclusións ás que chegou a patrulla de camarinas.eu desprazada ata o lugar de autos.

Por outro lado un redactor que o presente subscribe no seu afán de chegar ata as últimas consecuencias na análise do realmente acontecido decide tomar en consideración tódalas posibles variantes e sigue a pista indicada polo Presidente de Venezuela Hugo Chávez Frías (o así tamén chamado "El Gorila Rojo") que nunhas explosivas declaracións non dubidou en culpar do  recente tremor de terra que asolou Haití causando ata 150.000 mortos a supostos experimentos ultrasecretos realizados polos servizos de intelixencia norteamericanos. Pois ben, si no caso presente alguén está pensando suxerir a posible culpabilidade do Goberno ZP, o cal a través de probas da máis alta confidencialidade desenroladas a través dos servizos secretos españoles (eses mesmos nos que actualmente un axente da Guardia Civil está acusado de "Traición a la Patria" por venta de información aos rusos) trataría de influir sobre o clima para desta forma asestar un golpe devastador e exemplificante que arrasase da faz da terra á nosa milenaria ermita mariñeira, camarinas.eu debe desbotar radicalmente e de inmediato tal pista indiciaria e tildar de mentes calenturientas as que a semellantes conclusións poidan chegar. Con todo, e ao marxe de supostos complots e teorías da conspiración,  non dubidamos que o noso admirado e sabio Cura-Párroco Don Jesús e as Hermanas que o secundan na súa ardua labor pastoral, poñeranse  en breve á obra de devolver ao seu esplendoroso estado orixinal un templo envidiado por todo o Occidente cristiano.

Comentarios   

lucia018
-3 # RE: Consecuencias de un inverno duro e cruellucia018 27/01/2010 00:04
Ah, como quedou a misiña da virxen do monte, hay polo menos un mes que non von, este domingo iba subir pero así, non creo que haxa rosario, que pena.
Denunciar ante o administrador
rubiasexy
+4 # RE: Consecuencias de un inverno duro e cruelrubiasexy 27/01/2010 10:57
:zzz mima anosa capilla tan bonita como que dou eso si e pena anosa capilla que eli fun mirar como pasaba os barcos e de paso resar rubi
Denunciar ante o administrador

Vostede non ten permisos para comentar nesta noticia.